Exprimir
Editorial - jueves, 30 de mayo de 2013
Ata o Conselleiro de Economía considera que o das Preferentes foi unha estafa cometida con alevosía e prepotencia por parte de entidades financeiras que nunca pensaron que ía producirse a catástrofe económica que elas mesmas contribuíron a causar. Pero eso só foi a punta do iceberg das accións destas entidades no noso contorno social aconsellando, manipulando, forzando a pedir desaforadamente créditos que o máis lerdo sabía que era dubidoso poder pagalos.
As entidades financeiras tiñan toda a información, todo o diñeiro, todo o poder. E provocaron na xeneralidade do público unha sede insaciable de compra, de investimento, de negocio, na presunta seguridade de que o sistema ía funcionar ata o infinito. Pero o sistema rachou de súpeto, e ¡ai dos que colleu entre os seus engranaxes!.
E agora o crédito desapareceu, co que os que poderían ir saíndo da situación con esforzo e emprendimento están coas mans atadas sen poder xestionar as súas pequenas empresas ou as súas accións particulares. Pero as entidades seguen a exprimir os limóns xa exhaustos por medio de comisións, de gastos, de custos, de maneira que se garanta non a súa pervivencia senón un rendimento impropio do tempo que vivimos, e desde logo ben diferente por elevado- do da inmensa maioría das empresas do país.
Non se dan conta que están xogando con lume. E que cando máis expriman máis están concienciando ao país das súas prácticas monopolísticas, inxustas e abusivas.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora