Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outro pleno Charramangueiro...

jueves, 30 de mayo de 2013
Desde o Preguntoiro

Estes dias asistimos a un pleno no concello de Vilagarcía que non lembro na historia da “democracia”. Un pleno suspendido pola provocación do Concelleiro de Cultura ante un esperpéntico razoamento do regulamento das actividades culturais e diversas asociacións da cidade.

Regulamento que xamais foi consensuado nin falado polo devandito Concelleiro coas 36 asociacións, artistas, diversos colectivos veciñais e culturais, onde durante cinco semanas fixeron unha alternativa para chegar a un acordo. Esta alternativa foi entregada no Concello co aval de 3000 sinaturas de particulares, os representantes dos colectivos, sindicatos e os partidos da oposición: PSOE, BNG e IU. Logo falan e menten como cosacos dicindo que non hai representatividade por parte do Coordinador Xurxo Abuín elixido democraticamente polos colectivos.

A democracia non soamente consiste en votar cada catro anos, sacar maioría coa axuda dun Judas Escariote e ter patente de corso. Non Sr. Alcalde, escoite: a democracia, por si non o sabe, faise día a día, escoitando aos cidadáns aínda que estes respectan a voluntade das urnas, onde por veces o pobo está na obriga de facer un exercicio de responsabilidade ante a prepotencia do equipo de goberno que por veces impón negociar e sacar adiante acordos que implican a cultura da cidade.

O equipo de Goberno do PP, está centrado no seu propio embigo emprendendo unha fuxida a unha meta que non ten fin, empeñado en sacar adiante un regulamento que só pensa nunha cultura mercantilista.

Seguen a mesma ruta que os seus cachifallos de FAES, Moncloa e Xunta, destruíndo o país, intentado socavar a “democracia” que vaise polos sumidoiros, como a auga que sae dunha billa a cachón.

Están facendo un dano irreparable á imaxe de Vilagarcía, unha cidade que leva moitos anos no cumio a nivel de Galicia con respecto á cultura, Unha situación vergoñenta que dana a credibilidade da nosa cidade onde existe por parte do Concelleiro de Cultura unha nula sensibilidade cultural que está xerando un deterioro, tanto a nivel cultural como ás diversas asociacións de veciños. Estanse indo diversas asociacións a facer cultura a outros concellos, O premio Fermín Bouza-Brey de Poesía, que é bianual aínda non se convocou e vai para catro anos, e así podería seguir contando.

Sr. Concelleiro, márchese dunha vez, porén, aclare antes sen trolas os seus 150.000 euros subvencionados que recibiu a súa asociación. Marche e non volva; súa foi a responsabilidade do charramangueiro e suspendido pleno. Fixo un insulto á intelixencia da cidadanía provocando a todos os que estaban na sá de plenos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES