Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A eiva cívica

miércoles, 29 de mayo de 2013
Disque o termo civismo vén a ser a calidade do cidadán que cumpre cos seus deberes e responsabilidades como tal. Daquela, non é un exemplo de civismo aparcar nas prazas reservadas a discapacitados ou nas beirarrúas diante da saída dos garaxes pertinentemente sinalizados. Ou en dobre fila propiciando, como consecuencia, a interrupción na fluidez da circulación dos coches. Tampouco debe ser un paradigma de actitude cívica o feito de fumar en lugares prohibidos para facelo, e cando ao infractor se lle recrimina o seu acto pernicioso para a saúde dos demais (para el non porque cadaquén, de xeito particular, trata a súa saúde como lle peta) ousa protestar e mais esgrimir, nalgún caso, un ademán de fachenda, coma se houbese que consideralo un ser de categoría superior dentro do colectivo social. Nin abusar do cargo que un individuo ocupa dentro de calquera organismo, público ou privado, amosa os matices propios do civismo. Pois, exemplos dese estilo (e mais que podería citar) non acontecen lonxe dos valados que circundan a Chaira, senón no cerne da Chaira mesma, na propia capitalidade da comarca chairega. Vilalba, aínda que nos pese, é, en demasiadas ocasións, unha mostra visible de incivismo.

Acotío, camiñando polas rúas vilalbesas un presenza situacións que terían que resultar comprometidas para o causante das devanditas, mais iso non sucede: o nivel de desvergonza dalgúns xa parece ilimitado. Un vai canso, e falo por min mesmo, de aturar como ante a porta do garaxe da casa, sita nunha rúa próxima á Casa Consistorial, todos os días hai coches aparcados, descoñecéndose o paradoiro do irresponsable condutor. E, claro, se un está apurado para saír ten que foderse e aguantarse até que lle dea por aparecer ao exemplar cidadán, que, por suposto, non só non tolera as protestas que se lle fan ante o seu deleznable comportamento senón que en postura contestataria rebélase increpando á vítima da súa insolidaria actitude.

Pero, non é de estrañar que certo tipo de cidadáns actúen dese modo cando observan como as figuras representativas da nosa vila, e que deberían ilustrar o modelo de convivencia, se portan de maneira totalmente irregular. E non vou citar os casos por todos sodes sabedores dos mesmos. Como reza aquilo: fai o que eu digo pero non mires o que eu fago.
Maseda Lozano, Martiño
Maseda Lozano, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES