Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recortar ou fomentar

martes, 28 de mayo de 2013
O transporte de viaxeiros por ferrocarril é un sector que quedou totalmente esquecido no último medio século, sin que os sucesivos gobernos fixesen nada para recuperar ese mercado totalmente minorado polo transporte privado ou público por estrada, como se o tranporte por ferrocarril non fose rendible, e se tendese á súa amortización facéndoo languidecer, morrer por inanición.

Da utilización en tempos masiva do tren pasouse a agardar polo advenimento do Ave de primeira ou de segunda, e en tanto seguimos tendo o tren de sempre que ademáis vai racionalizar as súas paradas segundo a rendibilidade que proporcionen os viaxeiros.

Así, en lugares donde haxa poucos viaxeiros, o tren non parará, reducindo aínda máis as posibilidades de utilización, e polo tanto de rendibilidade das viaxes por ferrocarril.

Algo parecido ocorre cos Paradores do Estado en España, establecementos que naceron hai case un século para promocionar o turismo evolucionando o sector servicios e ofrecendo unha infraestructura capaz de atraer visitantes económicamente interesantes, e que agora se ven inmersos nun Ere, que afecta tamén a varios dos paradores galegos, no que inicialmente se ían despedir 644 traballadores aínda que agora esa cifra queda reducida a 350 despidos.

Aplicando a medida de recortar para conseguir a rendibilidade de sectores tan sensibles como o transporte e o turismo, o goberno adopta a medida máis doada pero a menos conveniente para o funcionamento dos ferrocarrís como medio de transporte de viaxeiros por unha parte, e o fomento de turismo por outra.

Aplicando duramente as tesouras de recortar para equilibrar as contas o goberno non fai máis que esquecer unha das súas funcións esenciais: a de fomento. Recortando os servicios que prestan os Paradores de Turismo melloraranse as contas anuais do establecemento, pero non se fomenta o turismo de calidade. E recortando persoal pode que desmelloren os servicios, polo que tamén haberá reducción de ingresos.

E no caso do tren é aínda máis ostensible a deixadez. Onde hai algún viaxeiro, o que hai que facer é fomentar que máis xente viaxe en tren, en lugar de abandoar os poucos que existen, anulando posibles vias de negocio non exploradas ou despreciadas por abandono.

Se o goberno deixa de fomentar, de promover, de investir e avanzar, renuncia á súa principal función. Recortar, recorta calquera.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES