Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Corazón namorado

jueves, 30 de mayo de 2013
¿É posible e aconsellable ter moitos amores?

A primeira vista; polo menos na nosa cultura; perece que non procede, pero a miña experiencia dime que é posible e incluso aconsellable.

Intentarei explicarme canto antes e o mellor que sei:

Por razóns profesionais tocoume de traballar en dez lugares distintos da xeografía española.
Chegaba a un sitio, instalábame e –automaticamente- botaba raíces aínda sabendo que un día tería que irme.

Ía para outro lugar e pasábame outro tanto e así unha e outra vez....ata dez.

¿Sería boba?
(A verdade é que algo, algo boba, son, pero non podo ou non quero evitalo)

Só eu sei o que sufrín cada vez que tiña que abandoar o posto anterior...
Nunca me atrevín a pensar se lle pasaría o mesmo a outras persoas. E tampouco nunca llo preguntei a ninguén.

Pois aínda que pareza mentira, eso foi o que me pasou toda a miña vida laboral ata que chegou o día no que me deron unha tarxetiña que pon: “PENSIONISTA DE CLASES PASIVAS”

Daquela pensei:

¡Vale!
Agora estás libre das “ataduras profesionais” e xa vai sendo hora de que cambies o chip.
Convéncete de que xa podes facer “o que che pete”.
Es libre.

Daba por cumprida a misión laboral e facía todo o posible por sentirme libre como o vento ou eso pensaba; pero....o corazón ten razóns que a razón non entende.

¡Que forte agarra o corazón!

Comprobeino recentemente cando –despois de trinta e pico anos- recibín varias chamadas desde o Bierzo por diferentes motivos.

Os tres últimos foron pasamentos de persoas que eu coñecera por razóns profesionais durante o curso escolar: 79-80.

Depois de tanto tempo, moitas das persoas que eu coñecín, xa non están.

A verdade é que xa tiña a folla pasada...

¡Trinta e tres anos son moitos anos!

Xa pensas que ninguén te recorda...

Que eso é historia pasada.

Pero...¡SORPRESA!

Aínda me seguen avisando para acontecementos importantes…

Ultimamete avisáronme para un enterro e para outro e para outro….Xa se sabe, imos envellecento moi rapidamente.

Eu fun, claro.
Se me avisaban era porque aínda significaba algo para eles. Gustáballes que fora.
Non ir significaba non responder á súa chamada nun momento delicado da súa existencia.

A miña sorpresa foi aínda maior ó comprobar que non podo evitar que me “sangre a alma” por aquela xentiña:
¡Son tan dóces!
¡Tan cariñosos!
¡Tan...!

Sángrame a alma porque vexo a moitas persoas que se acercan a min e que vibran coa miña presenza, despois de tanto tempo:
-Os parentes da persoa falecida danme unha aperta que parece que non vai ter fin...

-Outras, cando oen a miña voz, xíranse, alégranse e abrázanme.

-Outras cóllenme do brazo como se de algo da súa propiedade se tratara, mentres que outras persoas miraban espectantes.

-Unha exalumna víume no campo santo e díxome ó oído: “Soy fulanita, aún conservo su tarjeta. Estoy de médico en…. Un día iré a visitarla”

-Outro encóntrame pola rúa e preséntase (eu xa non o recoñecía): “”Yo soy fulanito, usted fue mi maestra, pero era mal alumno”
E acto seguido cóntame a súa vida...

-Outra señora acércase dicindo: “Déjame verla, que no se me escape...” E dáme unha aperta. Unha aperta das de verdade.

-Un señor tócame suavemente no ombreiro… Eu xírome e dáme un bico ó mesmo tempo que me di: “Me alegro mucho de verla”.

-Outras persoas dinme: “Ven por mi casa y te quedas hasta mañana”

-Outra: “¿Te vas o te quedas?
Como lle digo que me vou, convídame a tomar algo antes de emprende-lo retorno.

-Outro: “Ya sé que tenías ocupación, pero viniste”
(Aquel día tiña moitas obrigacións persoais e sociais)
Te lo agradezco. A ver cuando podemos hacerte una visita.

Todas estas manifestaciós de afecto nun reducido espazo de tempo…
Non podo evitalo. Estíráseme a alma de alegría coas persoas que aínda podo ver e abrazar. Sinto a súa enerxía circular polo meu ser interno. Para min os bercianos son especiais...Síntoos moi próximos...

E fágome preguntas como esta: ¿Como pode ser que aínda me recorden con tanto cariño, trinta e tres anos despois?

Sinto moita dor polas perosas que se foron...Algunhas anciás e outras moi xoves.

¡Tíñaas en tanta estima…!

¡Aprendín tanto delas!

Sinto no meu interior como circula a enerxía que me uníu a aquelas persoas en vida. Seguen estando unidas a min e ben agarradas que están.

Por momentos vénseme á cabeza a sensación de que fun deixando anacos do meu corazonciño polo mundo adiante e dáme a impresión de que se me vai acabar. Algo así como se se me gastara...Como que lle vou quitando liscas como se fai co xamón e teño medo de “toca-lo óso da alma”

Por unha banda gustaríame esquecelos, pero por outra…¡non podo!

Teño moitos amores por onde fun pasando: amores masculinos, amores femininos, amores xoves, amores adultos, amores anciáns, amores e máis amores.
(Outro día falareille dos amores cataláns)

Moitas persoas que me queren, que me valoran e que me aprecian.

Estes amores quérenme e quérolles e sufro por eles e, cando me doe moito e case me saltan as bágoas- nese intre salta o meu egoísmo e dime:

“¡Xa era hora de que me esqueceran, despois de tanto tempo..!” “Vou deixar de sufrir por elas...”

Pero moito me temo que cando non nos esquecemos en tantos anos, tampouco nos imos esquecer nos que nos quedan de vida.
O meu corazonciño é un tanto “namoradizo” polo que podo comprobar. E parece ser que tamén lle pasa outro tanto a moitas das persoas que vou encontrando polo camiño da vida.

A partir de agora, en vez de queixarme del, voulle pedir perdón polos malos pensamentos dos que lle falo máis arriba e voulle dá-las grazas porque me permite conectar con moitas persoas excelentes que me enriquecen co seu bo facer.

Despois de todo, o corazón emocional déusemos para ilo repartindo coas persoas que se nos poñen no camiño da vida e ó mesmo tempo ilo enchendo co amor que os demais nos devolven a cambio.

Neste caso DAR e RECIBIR, ven sendo a mesma cousa que: AMAR e SER AMADO.
Por eso titulei este artigo como CORAZÓN NAMORADO.

A vostede que me le tamen lle teño afecto aínda que nunca nos vexamos persoalmente.
Vostede sabe que eu estou aquí e eu sei que vostede está aí dalgún xeito: ESTAMOS.

¡E por moitos anos!

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aqui o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES