Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación de Xistral

lunes, 27 de mayo de 2013
NA PRESENTACIÓN DA FESTA POÉTICA XISTRAL

Benvidas ás guitarras e zanfona de Mini e Mero, aos integrantes do Grupo de Teatro Achádego. Benvidas aos Vates que sentiron as badaladas das campás procelosas da poesía, tanxidas por Toño Núñez, benfeitor desta quenda, axudado por Camilo Gómez Torres e Darío Xohán Cabana, neste Salón de Plenos do Concello, cedido amablemente pola Concelleira Carme Basadre para que esta FESTA POÉTICA XISTRAL teña continuidade no día máis importante para as nosas letras.

Benvidos todos a este acto de entronización co noso, a esta festa da lingua que en roldas beberemos nas copas da nosa fantasía, e convidaremos aos aquí presentes a estes grolos de beleza paladexada na quentura agarimosa das verbas que se espallan entre a febre quenturenta da creación e os silencios das palabras convidadas.

Benvidos pois á luz.

Calíope, a musa da poesía lírica fará entrega do leme que nos leva ao mar da creación e da beleza alada, que coma paxaro cantor ou merlo namorado en voo presto desde unha silveira, leve no pico a utopía e a realidade, o soño e a quimera, a loita e a mansedume, mais a loita necesitámola neste tempo atribulado de choros e desgrazas para que as palabras sexan armas cargadas coas frechas do porvir para que se brandan nos corazóns das persoas e sirvan para cargalas de futuro.

Benvidos pois e Fágase a luz.

-------------------------

Palabras de Xosé Otero Canto no Día das Letras Galegas . Salón de Plenos do Concello de Lugo. A presentación completouse coas palabras de Toño Núñez, que a continuación se inclúen:

-------------------------

Súmome no desexo ó compañeiro Otero Canto. Fágase a luz! E benvidas todas e todos a esta festa da palabra. Que era necesaria. Necesaria porque xa abonda de que a poesía permaneza calada. Fágase a luz que nos permita ver e gozar da fermosura desta Terra co seu traxe novo de verdes infindos . Da beleza das xestas, dos toxos e das uces en flor... Das cereixas primeiras. E do canto do reiseñor.

Fágase a luz que nos permita desenmascarar as preas da noite. Esas que nos retorcen o presente. Esas que nos rouban e afogan o futuro. Especialmente o da xentiña moza. Vixentes os versos de Rosalía: “...el vaise, e ela vaise, e todos, todos se van...”. As preas deste capitalismo-liberalismo inhumano, abafante e materialista que nos devora. Uns poucos porcos cebados á conta da fame dos moitos... Versos contra inxustiza!

Porque son tempos de reivindicar a palabra poética fronte á palabra, prosaica, opresora e descerebrada da mentira e dos eufemismos insoportables.

Ergamos a palabra contra a tiranía. Como o fixo Roberto Vidal Bolaño. Como o fixo Rosalía. Manaia sexan eles! Ergamos a música. Ergamos o teatro. Ergamos a poesía... Adiante todos... contra a tiranía.

Toño Núñez (No Día das LL GG do 2013)
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania