Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galego na ágora

lunes, 18 de julio de 2005
"Galego na escola" foi bandeira, durante moito tempo, para moitos galegos que anceiaban a normalidade do idioma en tódolos ámbitos, entendendo que a familia e a escola son os que máis directamente inciden na formación dos nosos nenos.

Sen conquistar de todo ese pequeno mundo, case inexplorados outros como o da Igrexa, pretendíase agora que o galego chegase a ágoras lonxanas no espacio, como é o Parlamento español, conquistado xa plenamente o Parlamento galego.

Pero non foi posible, e o galego, catalán e euskera teñen, por agora, pechadas as portas do Parlamento de Madrid, peche que veñen de revalidar nun acordo os partidos maioritarios Psoe e PP.

E sen embargo o Psoe está a partir un piñón con partidos nacionalistas que teñen entre as súas aspiracións poñer unha pica en Madrid, e exportar ata a capital das españas un idioma -neste caso, catalán e galego- abondo coñecidos na megalópolis e, no caso do noso, utilizado por milleiros de persoas de orixe galega residentes na capital.

"Galego na ágora", piden os nacionalistas galegos para a súa utilización no Senado e no Congreso. Catalán no Parlamento, demandan os socios do Psoe en Catalunya, que veñen presionando fortemente para que o seu idioma, cooficial naquel país, o sexa tamén para os seus representates no Parlamento español.

Os cataláns van seguir presionando para conseguir esa cooficialidade. ¿Que farán os galegos?.

¿Hase conformar o Bng cos acordos que se suscriban en Santiago para a gobernabilidade de Galicia, ou será un paso máis a dar na convivencia futura?:
Todos desexamos que en Galicia se asente a situación, e o novo goberno goberne. Pero todos sabemos tamén que este é un proceso vivo que nin remata co reparto de poder -logo, hai que gobernar- nin se vai constreñir á Xunta de Galicia e ó Parlamento senón que traerá cola.

"Galego na ágora" será unha nova e mínima petición futura. Tempo ó tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania