Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alimentos Lácteos

lunes, 27 de mayo de 2013
En Outeiro de Rei houbo unha ilusión que parece acabar polo de agora en concurso de acreedores.

Era unha empresa que nacía das cinzas da láctea Pascual que decidíu replegar os seus efectivos e retornar á súa terra en momentos de dificultade. E xa que a gran industria leiteira deixaba un oco no panorama lácteo do país galego, un grupo de cooperativas xuntouse para convertirse na necesaria gran empresa que seguira adiante cunha iniciativa que proporciona postos de traballo, interesantes produccións e recollida de leite para un numeroso colectivo de propietarios de granxas de vacuno.

Neste difícil tempo á iniciativa viñéronlle mal dadas, e o último que sabemos é que a empresa presentará concurso de acreedores despois de que a Xunta solventase o tema indicando que fai falla un socio industrial que garanta o futuro e apoie o proxecto.

Quizais a Xunta podía implicarse bastante máis do feito ata o momento, axudas incluídas, mesmo buscando ese socio industrial, seguindo estudiando o tema, xuntándose cos implicados nunha “tormenta de ideas” interminable ata atopar unha solución.

Descubrir a estas alturas que fai falla un socio que consolide a empresa e garanta a súa continuidade, e non facer nada máis, é como acreditar que hoxe –dentro do que cabe- fai un bo día.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES