Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xullo longo

viernes, 15 de julio de 2005
Maio longo, cantaba Rosalía para significar a diferente duración do
tempo según as circunstancias de cada quen, especialmente longo se é de
dificil pasar.
Xullo longo está sendo este mes para os negociadores que tentan
artellar un goberno "de progreso" para Galicia, no que tanto está todo
amañado pola existencia de consenso no fin último, como parece racharse o
xogo diante de peticións que uns estiman xustas e moi asisadas e outros
desmedidas e inaceptables.
O próximo luns, día 18 de xullo, ten que constituirse o novo
Parlamento de Galicia, con tódolos deputados e deputadas electos e electas
nos recentes comicios autonómicos. Para o próximo luns deberá existir un
acordo básico que permita unha normal constitución da cámara, de acordo coa
pura aritmética da suma de votos.
Non queremos nin pensar que poida existir algún tipo de paralelismo
co acontecido na cámara autonómica de Madrid como interesados maquiavelos
queren supoñer, senón que as contas serán perfectamente claras faltando
unicamente saber se hai suma de forzas ou se, por diverxentes, non é
posible consuma-la operación.
Para os non inmersos nas cousas da política, este mes de xullo ten
trinta e un días de duración normal, dos que vinteun son laborables, cinco
sábados e cinco domingos. Para os afectados máis directamente polas calores
da política, hai por diante un longo e cálido fin de semana no que haberá
que estreitar lazos, xogar forte, fintar e atacar de xeito simultaneo, para
que o luns teñamos máis claro todos, se é posible, o futuro político
inmediato deste país.
Longo coma un día sen pan, era noutrora o mellor xeito de definir
un tempo difícil de pasar. Esta fin de semana vai ser un tempo longo como
un día sen poder, dificil de vivir para os que xa o detentaron, dificil de
cruzar para os que pode írselles das mans.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania