Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No aire

viernes, 24 de mayo de 2013
Non cabe a menor dúbida que unha institución para funcionar precisa tranquilidade, e que ese funcionamento non pode – non debe- estar alterado por factores esóxenos que incidan de forma notable na marcha da gobernación dos asuntos da súa competencia.

Na actualidade, alomenos tres cidades galegas non gozan no seu goberno desa tranquilidade, sendo –por orden de importancia, de menor a maior- as de Santiado, Ourense e Lugo, as que dependen en boa medida das novas que van aparecendo nos medios de comunicación sobre a incidencia da Xustiza na marcha das institucións.

Sabemos que a Xustiza ten os seus tempos e os seus xeitos para acadar os fins que debe perseguir, e que os asuntos investigados son de importancia tal que xustifican calquera incidencia nos temas municipais, pero fai falla dar un paso máis e que non sexan as televisións, as radios, os xornais e internet os que marquen ritmos, tempos e respiros das autoridades destas cidades.

Todo parece estar no aire, sen base, e todo parece a punto de virse ao chan, derrubado por un poderoso vento que arrasa con todo o que non estea firmemente ancorado nas bases máis profundas. E querendo saber toda a verdade, que se investiguen todos os “como” e os “por ques”, temos que desexar tranquilidade para as institucións, que por agora é imposible porque os seus rectores é imposible que estean tranquilos.

¿qué pedimos, pois?... rapidez na Xustiza, claridade nas imputacións, que desaparezan os xuizos populares feitos a través do que se publica nos medios de comunicación, que non haxa filtracións máis ou menos interesadas, que non teñamos cada día unha nova en relación con temas tan vitais. É moito pedir, xa o sabemos, pero é tanto o que está en xogo, tanto o que se está a xulgar, que sempre será pouco pedir que se aclare todo axiña por parte de quen pode facelo sen que o exceso de información e de opinións sobre ela poida desvirtuar o xuizo do acontecido. Queremos deixar de estar no aire, e pisar firmemente, todos, no terreo das realidades, das imputacións, dos comportamentos e das responsabilidades.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES