Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Luis Novo Cazón

jueves, 23 de mayo de 2013
As nosas xentes descobren, cada día, novos xeitos de honrar a conveciños que se distinguen no traballo a prol dos demais, ou por accións que benefician á colectividade.

Ata non hai moito tempo, só sabiamos das declaracións que facían os concellos de Fillo predilecto ou fillo adoptivo para honrar aos nacidos no concello ou aveciñados nel que tivesen un relevante papel social. Pero agora hai outros nomeamentos, como o de que en Guitiriz nomeasen a Alfonso Blanco Torrado “veciño necesario” daquela comunidade, chegando á conclusión de que o crego Alfonso, co seu traballo relixioso, cultural e social, é imprescindible para Guitiriz e a Terra Chá, como todos sabemos desde hai moito tempo.

Outro exemplo témolo en Bazar, de Castro de Rei, onde a parroquia ten proclamado veciño de honra a Anxo Lamas, escultor, pero tamén pintor e poeta, do que o pasado venres se presentou o libro “Tebras” na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea.

E agora en Vilalba, en Noche, temos á Asociación Nausti que vai honrar o sábado a un dos seus veciños, o máis sobranceiro, José Luis Novo Cazón, cun xantar popular e dándolle o seu nome ao novo centro social erixido no edificio que foi escola parroquial.

Unha placa no edificio dará o nome deste escritor, profesor e historiador que volveu ás súas raíces, e vive en Noche, despois de acreditar un importante papel como home de letras, de investigación e espallamento da cultura, e que desde agora identifica, imprime personalidade e humanidade, ao centro social da parroquia.

As declaracións oficiais dos concellos nomeando fillos predilectos e adoptivos están moi ben, pero ás veces presentan problemas políticos porque algún grupo pode non estar de acordo coa declaración. E moitas veces son lentas, que se dan a xente que ten a súa vida feita, e chegan ao remate da vida, cando non é a título póstumo. Sen embargo estas declaracións parroquiais ou asociativas, populares son naturais, espontáneas, sinceras, e veñen sempre no momento axeitado, cando o homenaxeado está no mellor da vida.

Unínomos a esa homenaxe popular en Noche ao veciño máis sobranceiro, e dámoslle a noraboa ao profesor José Luis Novo Cazón, pero tamén a todos os veciños de Noche por saber mirar arredor de si e recoñecer o papel do profesor e amigo en Vilalba e na Terra Chá. Noraboa a todos, e que cunda o exemplo de recoñecer aos veciños destacados das nosas parroquias o seu traballo e a súa relevancia social.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES