Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Igualdade na variedade

jueves, 23 de mayo de 2013
Cada día comprobamos que o que foi solución hai tres décadas manifesta agora os seus defectos. E aquel “café para todos” que creou as autonomías en España mesmo para territorios que nunca soñaran con ser autónomos, evidénciase agora problemático, que non todos queren a mesma solución, co mesmo grado, e na mesma cantidade.

O Presidente da Xunta de Galicia resulta ser, e con razón, dos máis belixerantes en relación co trato que han recibir as autonomías en canto ao déficit aceptable para o presente ano, debendo ser equitativo o trato, recibindo mellor tratamento as autonomías que cumprisen ata o momento coas indicacións anteriores – o caso de Galicia-, e non penalizándoas en relación con outras que presentan peores resultados.

Pero a ollos vista o problema que hai que dilucidad é o de Catalunya, que non só presiona cos seus dereitos como contribuínte, territorio económicamente forte e poderoso, que pretende recibir trato especial polas súas circunstancias, senón que o fai ademáis cun movemento soberanista que presiona do xeito máis imperioso ás institucións máis importantes do Estado para conseguir trato de favor.

Aí está a cuestión: que ningunha outra autonomía vai tolerar trato de favor a Catalunya por moito que ameace con romper as reglas de xogo, que cuestiona a cotío desde hai longo tempo.

Velaquí o problema do Presidente do Goberno: contentar a todos os presidentes das comunidades hispanas sen beneficiar demasiado ostensiblemente a unha Catalunya díscola que presiona cos elementos máis sensibles e ostensibles.

Feijóo leva as de gañar, por ser un dos cumpridores do obxectivo de déficit. El non pode ceder, e o Presidente debe conseguir unha paz con honra. É difícil, pero Galicia non debe perder nesta loita pacífica pero forte, e Catalunya –se gaña- será a costa de todas as demais, e moi poucos estarán dispostos a toleralo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania