Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un País Doente

jueves, 23 de mayo de 2013
Desde o Preguntoiro

Xa está ben de tanto mangonear aos españois. Estamos a vivir un ataque en primeira liña de todos os valores ético e morais democráticos. Ataques ao ensino coa Lei (Lomce) do Ministro Sr. Wert, onde volvemos aos anos 50 do século pasado . Unha Lei que discrimina aos estudantes en primeira categoría e terceira. É unha lei retrógrada cunha asignatura de relixión católica como obrigatoria, tendo tanto peso como física ou matemáticas. ¿ Non é este país un estado laico segundo a Constitución?. Non lembro unha lei desde eses anos 50 que fora rexeitada por tódolos sectores implicados (catedráticos, profesores, alumnos etc.). Exemplo o temos nestes intres na Comunidade Murciana, onde dous colexios do Opus Dei levan máis cartos (dos nosos impostos) que todo o ensino público desa comunidade.

Recortes en sanidade para beneficio das empresas privadas dos amiguetes de quenda, onde costa moito máis o orzamento por cama que a pública.

Queren rematar coa cultura, cun grande rexeite depreciativo a todo que cheire a intelectual. Unha Lei de Costas para escarallar máis o litoral deste país, ou sexa, patente de corso para volver a delinquir as grandes construtoras que os seus donos son os seus amigos de pupitre.

As grandes empresas e bancos facendo “guiri guiri” nos paraísos fiscais e logo presumen de patriotas con bandeiras nos estadios de fútbol; son os maiores inimigos do noso país, estes e máis os que nos gobernan. Son antipatrióticos, odian España e van camiño de esnaquizala, son os que veñen coas motoserras a cortar e fundir, son, como dicía Samuel Johnson: “El patriotismo es el último refugio de los canallas”. Xa non falemos dos medios de comunicación, cada vez son máis vomitivos, apestan a “mandilóns” emporcados.

Os casos de corrupción xeneralizados dan noxo; ollar como un banqueiro entra na cadea e as 20 horas sae dela con fianzas millonarias. Xa non quero seguir máis con toda esta paranoia que esta acontecendo con esta política neoliberal doente.

Agardemos que esta nova xeración veña con novos valores rachando con este sistema apodrecido, por un sistema máis humano, ético e moral.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES