Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambios

jueves, 14 de julio de 2005
"Cosas veredes", di unha cita archicoñecida en relación con Don Quijote (agora que estamos no seu cuarto centenario).

Cousas veremos en Galicia, na nova etapa que se albisca.

Para empezar, Ence, en Pontevedra.

Ata agora, a política da Xunta pareceu ser a de contemporizar. A de permitirlle a Ence que seguise señoreando a Ría de Pontevedra, a cambio de eliminar as agresións ó medio ambiente e á convivencia, e completar o ciclo productivo dentro de Galicia. Agora, os futuros contraíntes do matrimonio de conveniencia que vai goberna-la Xunta de Galicia xa manifestan o seu desexo de que Ence vaia fóra da ría pontevedresa, se ben o de completa-lo ciclo en Galicia séguese a manter como premisa necesaria.

Para seguir, Fomento. A Xunta publica anuncio de que comezan as obras entre As Pontes e Cabreiros, correspondentes á autovía Ferrol-Vilalba, mencionando de forma ostensible que o tramo Cabreiros-Vilalba segue a estar pendiente da decisión do Ministerio de Fomento. ¿Será agora o momento da solución?.

Claro que das solucións de Fomento tampouco hai que agardar demasiado, porque o que a nós nos afecta poden solucionarllo a outra comunidade autonóma. E, se non, non hai máis que ter en conta esa nota do xa moi mencionado ministerio que indica que o tunel de Pajares (Entre Asturias e a meseta) vai mellorar moito as comunicacións entre a meseta e Galicia.

Diante desa estulticia, cabe pensar que o sentimento de Fomento hacia Galicia non é nen menosprecio nen xenreira senón pura e simple ignorancia e descoñecemento, que se subsanará en canto haxa fluído diálogo entre Madrid e Santiago.

Viviremos, moi axiña, cambios radicais en organización, xentes e xeitos. Vai ser cousa de velo e de vivilo, porque os cambios sempre son bos aínda que só seña para facer limpeza xeral.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES