Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Veranear en Sanxenxo

miércoles, 22 de mayo de 2013
Para moitos galegos, é normal veranear en Sanxenxo. De feito, é un dos puntos de referencia para que os galegos do interior escollan un lugar fronte ao mar para disfrutar dos calores do verán galego.

Pero saber que o Banco de España escolleu Sanxenxo para que membros do seu persoal residan durante o verán chama a atención e mesmo provoca un rexeitamento propio do tempo que vivimos no que determinados incentivos e premios a traballadores especiais teñen gañada a crítica popular.

O outrora estimado Banco de España, látigo de infractores, policía bancario e vixiante do bo comportamento das entidades relacionadas cos feitos económicos baixou na consideración popular na medida en que non foi capaz de prever, e moito menos controlar ou impedir, a caída das entidades crediticias que coa súa caída arrastraron as nosas economías e as nosas confianzas.

Que o Banco de España alugue agora seis pisos de luxo en Sanxenxo para agasallar a determinados membros da entidade é gratificante porque escollan Galicia para o seu lecer, pero ten o seu aquel de incomprensible nun tempo en que en toda institución se trata de aforrar e o Banco de España non debera ser unha excepción.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania