Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vacacións... non, por favor!

jueves, 23 de mayo de 2013
¡Qué cousa tan rara!

A quen se lle ocorre decir que non quere coller vacacións…

Eu son unha desas persoas que tiveron a sorte de ter vacacións toda a vida e considérome unha privilexiada.

¿Estarei equivocada?

¿Como hai quen di:? “VACACIÓNS ...NON, POR FAVOR”

Vou intentar explicarllo, porque aínda que pareza incrible, é certo, moi certo; ou polo menos a min parécemo.

Trátase dos meus amigos da alma.
Os amigos máis amigos de todos cantos amigos teño.
Eles recórdanme a cada instante que non queren coller vacacións, porque cando as collen sofren un calvario e eu tamén sufro con eles.

A min –que me sentan tan ben as vacacións- resultábame algo estraño este razoamento, pero despois de falar seriamente con eles e de consultalo coa almofada, estou completamente de acordo cos meus amigos da alma.

Non sei por que me parece que vostede xa está sentindo curiosidade por coñecer os meus amigos da alma...

Pois voulle dicir que os meus amigos da alma tamén son íntimos amigos seus. ..

-¿Como? Preguntarase vostede.

-Si, Si... Tal como llo digo.

É probable que vostede a máis eu nos vexamos a miúdo ou que nunca nos vexamos, ou que nin siquera nos coñezamos persoalmente, pero temos amigos en común, sobre todo amigas, moitas amigas...

Moitas máis amigas que amigos.

¿Sorpréndelle?

Pois a min , non.

E e tanto me ten:
-Que vostede sexa home ou muller.
-Que estea disfrutando da infancia, da adolecencia, de puberdade, da xuventude, da vida adulta ou da ancianidade.
-Que sexa unha persoa solteira, casada, viúva o estea na vida relixiosa.

Tampouco pense que os amigos da alma, son aquelas persoas que coñecemos de toda a vida, nin as do correo electrónico, nin as do facebook, nin as que len esta sección de Galícia Dixital, nin...

-Non, non...

-¡Canta intriga! ¿Verdade?

Como vexo que está perdendo a paciencia, voulle revelar o segredo, aínda que non é un segredo porque todos temos coñecemento deles.

Vexamos:
Como o número doce é o número da perfección, voulle presentar a doce amigos da alma (11 amigas e 1 amigo) que temos en común vostede e máis eu.

¡Quen nolo diría!

Seguro que nunca puido imaxinarse...

Vostede e máis eu temos amigos en común e como di o refrán: “OS AMIGOS DOS MEUS AMIGOS, AMIGOS MEUS SON”

E como estamos entre amigos...

Voulle confesar o que me din a min os meus amigos da alma:

1.- A RESPONSABILIDADE:

-A min dime que o ben feito, ben parece.

-Que todo o que fago ten unhas consecuencias: se o fago ben, fágoo para min e para os outros e se o fago mal, tamén.


2.- A ENTREGA AMOROSA en todo canto fago:

- Cando fagas esto, concéntrate nesto e faino todo o mellor que saibas e o mellor que poidas.

-Cando fagas aquelo, concéntrate naquelo e tamén, faino o mellor que saibas e o mellor que poidas.

-Se non me sae ben de todo, dime que debo mellorar e que neso consiste a evolución humana.
Cando me sae mal, aprendo para outra vez; e se me sae ben, intento melloralo.
Sempre hai moito que mellorar, porque a perfección no humano, non existe..

3.- A PRUDENCIA: ¡Que bos consellos ne dá!

-Acompáñame cando traballo e dime:
Traballa para vivir e para dar vida; pero non vivas para traballar.
Deso xa se encargan as máquinas.

-Cando conduzo dime: “non saltes as normas de tráfico, porque se te pasas, xa sabes a que te me expôs”.

- No fogar: ¡Ollos coas escaleiras! ¡Ollo cos obxectos cortantes! ¡Ollo co lume! ¡Ollo…!

-Acompáñame pola rúa e vaime dicindo caladiñamente: ¡Ollo coa delincuencia!

-Acompáñame no tempo de lecer:
¡Ollo co sol!
¡Ollo co frío!
¡Ollo ó cruzar..!
¡Ollo co mar!
¡Ollo..!
Nunca se sabe por onde vai saltar a lebre...

4.- A HONRADEZ dime:

- Co teu, tes máis que suficiente.
- ¿Para que queres máis?
- ¿Para buscar problemas?
- ¿Para crear enemistades?

-Non debas nada a ninguén.
A todo o mundo lle fai falta o seu.

-Non explotes a ninguén.
A ti tampouco che gustaría que te explotaran.

-Respeta os límites.
Onde remata o teu, empeza o do veciño.
Mellor gardar distancias.

5.- A RESILIENCIA recórdame que:

-A vida é moi bonita, pero ninguén dixo que fora doada.

-Ten problemas:
Cada problema ten a súa solución, e sempre hai unha solución para cada problema, aínda que esta sexa espiritual.

-A veces é preciso nadar contra corrente; pero é a mellor opción, porque é o que máis che convén.
E cousas así…

6.- A AMABILIDADE fálame desta maneira:

-Non sempre está o forno para bolos, pero a largo prazo conséguese máis con boas formas que botando o mal xenio a pacer.

-Aínda que por dentro ardas -se podes- bota man da serenidade e actúa con amabildade.

-Quédeche claro que o mal xenio dá moi bos resultados nalgunha ocasión cando se agotan os outros recursos e a razón está da túa parte.
Pero eso a última hora, cando non queda outro remedio. (A el tiven que acudir nunha ocasión cunha compañía de seguros; e outra vez cun cirurxián que non me quería operar cando eu estaba a punto de quedarme sen alento…)

7.- A TOLERANCIA aconséllame moi ben:

-Afortunadamente tódolos humanos sodes diferentes por natureza.

-Na diferencia hai enriquecemento: duns aprendes o que debes facer e doutros o que nunca se che ocorra...
Pero toléraos. Ti velos diferentes e eles a ti tamén.

8.- A PUNTUALIDADE é moi esixente cando me di:

-Para que admitan a túa solicitude para obter unha praza de persoa de ben, tes que cumprir puntualmete cos teus deberes sociais.

-Hai un tempo para cada cousa e unha cousa para cada tempo.

-Se es unha persoa cumpridora, colaboras na construcción dun mundo mellor para todos, do que, ti mesma, sairás beneficiada

9.- A FORMALIDADE é formal de verdade.
Dime así:

- Unha promesa, debe cumprirse.

- Un trato feito a conciencia, debe ser como unha escritura, aínda que onde papeis falan; barbas calan..

-Se dis que vas, debes de ir.
Se fallas, debes dar unha explicación coherente ou expoñerte a perde-la confianza de quen te convidou.

10.- A TENRURA é todo dozura e fálame así:

-Conséguese máis cunha caricia ou cunha mirada tenra que cunha palabra malsoante.

-Conséguese máis cun sorriso que con cara de poucos amigos.

-Conséguese máis con maña que con forza

11.- A PAZ INTERIOR fala por excelencia:

¡Que riqueza tan grande tela conciencia tranquila.!

¡Que riqueza tan grande poder dormir “a pata suelta”!

¡Que riqueza tan grande deixar a porta aberta por onde queira que vaias!

12.- O RESPETO. Está algo gastado de tanto usalo pero aínda me recorda cousas así:

-Sen respeto ante as diferencias, non hai convivencia.

-Ninguén está en posesión da verdade absoluta.

-Unha persoa pode estar convecida dunhas verdades e ti doutras. Ámbalas dúas podedes ser persoas excelentes pero ides por diferentes camiños.

¿Qué pasa, entón? Pregunteille eu.

Pois sencillamente que para ir a visita-la tumba do Apóstolo Santiago, dependendo do lugar de saída; ti vas polo Camiño Francés, outro pola Rota da Prata, outro polo Camiño Primitivo; pero todos intentades chegar ós pés do Apóstolo.

-No CAMIÑO DA VIDA cadaquén sae dun punto de partida diferente e utiliza os medios que considera máis oportunos según as súas circunstancias.
Pero todos tedes a mesma intención: “Chegar á meta”
Collas o camiño que collas, aprenderás leccións moi útiles para superarte.
A vida é unha escola de aprendizaxe.


¿ENTENDE AGORA PORQUE OS MEUS AMIGOS DA ALMA NON QUEREN COLLER VACACIÓNS?

Estoulles moi agrdecida e pídolles por favor que non as collan nunca e que me acompañen a onde queira que vaia.
.
¡POBRIÑA DE MIN SE COLLEN VACACIÓNS OS MEUS AMIGOS DA ALMA!

A vostede seguramente que tamén lle dirán algo, aínda que non sexa o mesmo que a min.

Eu fíxenlle a miña confesión, pero vostede non ten por que facerme a súa.

BÁSTAME CON TER AMIGOS COMÚNS CON VOSTEDE QUE ESTÁN DE SERVIZO PERMANENTE.

Eu aínda teño moitos máis e vostede seguro que tamén.
Por hoxe, penso que xa está ben.

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES