Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Funcionarios que fichan

Editorial - lunes, 20 de mayo de 2013
Andan os funcionarios da Xunta de Galicia un pouco revoltos polo novo sistema de ficha, como se iso tivera algunha importancia.

Antes que a ficha, foi a firma. E en cada departamento poñíase unha folla á primeira hora da mañá, na que ían asinando os traballadores segundo entraban na dependencia. Folla que era retirada polo responsable do tema a unha hora determinada.

Logo foron as fichas persoais as que se introducían nun aparato que acreditaba que esa ficha fora utilizada nun determinado momento. E nada máis.

Agora, un paso máis, cada funcionario debe acreditar a súa presencia a través do seu ordenador de traballo. Novo sistema, que se supón costoso, e que as autoridades competentes supoñen que vai funcionar e será un adianto importante sobre o anterior.

O anterior sistema acreditaba que a ficha era utilizada, pero non quen a utilizaba, co que unha persoa podía utilizar dúas fichas, co permiso do titular, sen que este estivera presente na oficina. Por outra parte, o sistema acreditaba que se entrara na oficina, e que logo se saíra, pero sen poder comprobar se durante ese tempo houbera presencia ou ausencia no posto de traballo.

O mesmo ocorre co novo sistema, que acredita a presencia a unha hora determinada, pero nada máis.

O sistema, en definitiva, é un canto ao sol. O que queira traballar, traballa. O que queira folgar, atopará a maneira de facelo. Por enriba de calquera sistema estará sempre a autonomía do funcionario, e a supervisión e control do seu inmediato superior, que a fin de contas será o responsable do cumprimento das súas funcións en forma e tempo
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES