Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estratexia

miércoles, 13 de julio de 2005
De repente, temos un Plan.

A verdade é que por plans non nos queixamos, nin siquiera os galegos.

Primeiro tivemos un Plan Galicia, propio para nós, para compensarnos das desgracias do Prestige. Pero o Plan ou viña coxo, ou non era de alta velocidade e a súa aplicación foi lenta nos aspectos en que se aplicou.

O Plan, criticado polo Psoe, non asumido logo cando chegou ó Goberno, parece condenado á súa desaparición xa que ven de ser sustituido polo Plan estratéxico de infraestructuras e transporte, que responde ás siglas PEIT, e contempla obras públicas polas que levamos anos suspirando.

Os críticos, achácanlle falta de prazos. Os afíns, argumentan que nunca un Plan tivo prazos, porque depende das posibilidades económico-técnicas e da realidade de cada momento.

Ben está ter, alomenos, un Plan ó que acomodarse, que sirva de esperanza para os administrados e compromiso para os gobernantes, aínda que sexa para plantear no 2005 cun horizonte do 2010, e un límite máximo de 2020.

Os estrategas do goberno, da comunicación, e da infraestructura coidan que poñer nun papel as previsións é comezar a realizalas, e todos nós queremos crer nos seus plantexamentos e nas súas solucións.

Para contentarnos, a estratexia é contarnos o que pensan facer nun futuro máis ou menos longo. E nós, que nos deixamos querer, aceptamos a proposta querendo confiar en que -se non é vero, é ben trovato- se non todo, moito do que nel se dí acabe por facerse.

Aceptemos a estratexia. Manteñamos viva a esperanza, aínda que as obras, por agora, estean dentro polo calor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES