Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras Galegas na Uned Senior

viernes, 17 de mayo de 2013
O pasado día 14 reuniuse a Uned Sénior de Xestoso, presidido por Luis Ángel Rodríguez Patiño, coordinador; os Profesores de Historia, que nos fixo unha semblanza da importancia das letras e da cultura galega, a Profesora de Informática e o Profesor de Música que dirixiu ó grupo na actuación musical ; unha representante do Concello de Guitiriz, e un convidado representando á Asociación IRIMIA, quen nos falou da interesante traxectoria desta Asociación en favor de lingua e cultura galegas, desde o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata o día de hoxe.

Vimos un vídeo referido á viaxe que fixemos a Oporto recentemente, así como outras aportacións escritas, cantadas ou tocadas feitas por diferentes alumnos, todas sumamente interesantes para o enriquecemento social da Uned Sénior de Xestoso.

Trátase de celebrar por adiantado o día das Letras Galegas deste ano que se lle adica ó dramaturgo ROBERTO VIDAL BOLAÑO: unha persoa que con tan só 52 anos de vida deixou un legado para Galicia e para o mundo enteiro. Naceu en Santiago no 1950 e faleceu alí mesmo en 2002.

Agradecemos as súas oito representacións teatrais máis destacadas, entre os anos 1976 e o 2001:

-Ladamuco, Señor de Ningures.

-Bailadela da morte ditosa.

-A Casa dos Afogados (de Miguel Anxo Fernán Bello).

-Rosalía (de Ramón Otero Pedraio).

- Caprice de Dieux.

-Anxeliños. Comedia Satánica.

-La lengua de las Mariposas

-E, Mar Revolto.

Tamén lle agradecemos outras obras que nos deixou escritas:

-Agasallo de Sombras.

-Días sen Gloria.

-Saxo Tenor.

-As Actas Escuras.

-Rastros.

-O Día que os Chífanos deixaron de Zoar.

Así mesmo unha obra de ensaio titulada: Perspectivas do Teatro Galego Actual.

Sabemos tamén que recibiu moitos premios ó longo da súa vida que foron os que lle deron renome.

Por todo esto agradecemos que a Real Academia Galega da Lingua decidira adicarlle esta data a un dramaturgo porque a Uned Sénior ten algo que dicir ó respecto.

Sendo como é o teatro un xénero literario tan importante para transmitir valores e podendo manifestarse de tres formas diferentes:

1ª.- Ben sexa en forma de COMEDIA para transmitir de xeito divertido todo aquelo que o autor considere oportuno.

2ª.- Ben en forma de TRAXEDIA para sensibilizar á poboación sobre tantas e tantas situacións dolorosas que se dan na vida.

3ª.- Ou se non, en forma de DRAMA para expresa-la luces e as sombras reais da vida mesma.

A Uned Sénior de Xestoso faise as seguintes reflexións:

1ª.- Recoñecemos que escribir obras de teatro é para persoas especialmente capacitadas para crea-los personaxes e meterse na súa pel. Por eso valoramos a obra de Vidal Bolaño.

2ª.- Recoñecemos que poñer en escea unha obra teatral leva consigo unhas habilidades, uns estudios, unhas inatalacións axeitadas, uns actores e unhas actrices de talla; o que ocasiona moito gasto.

3ª.- Recoñecemos que o teatro en vivo resulta caro, moi caro porque hai que mobilizar moito persoal e moitos medios. Como consecuencia a entrada ter que ser a un prezo proporcionado, é dicir, apta tan só para economías acomodadas.

4ª.- Se a este custo lle engadimos os gastos de desprazamento desde o medio rural galego, xa podemos ir sacando conclusións do que suporía para unha persoa da Uned Sénior de Xestoso asistir a unha obra de teatro de cando en vez, por exemplo en Santiago ou na Coruña: algo inviable para a economia dun xubilado da agraria.

5ª.- Polos motivos anteditos, sexeriríamos a quen corresponda que de cando en vez, se subvencionaran obras de interese para este colectivo e nos permitira ter acceso a este ben cultural tan importante a un prezo asequible á nosa economía.

6ª.- Mentres esto non ocorra, teremos que siguirnos privando e concluíndo que para nós esta celeración está bastante baleira de contido. Non nos di praticamente nada pola sinxela razón de que os pobres non temos acceso a este ben cultural, non porque non nos guste, senón por termos un poder adquisitivo moi reducido: seis centos e algo de euros. ¿Para que chegan?

7ª.- Confiamos que máis tarde ou máis cedo, se dedique unha partida a este ben cultural e que poidamos celebrao de verdade.

De momento celebramos en 2012, o ano do envellecemento activo e a principal recomendación que se nos fixo foi que camiñáramos, sen ter en conta que moitos de nós ou ben xa non temos forzas para cargar cos zapatos, ou temos neuromas de Morton e outras moitas enfermidades propias da idade.

8ª.- O que si, nos di moito é o feito de celebrar tamén o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro porque a sentimos moi próxima cando fala:

-das viúvas dos vivos debido á emigración dos homes.

-do escravos que volven os homes da sega de Castela porque moitos vivímola en carne propia.

-e doutros moitos padeceres da sociedade galega da que nós tamén somos protagonistas.

Porque uns máis e outros menos, todos temos noticia desta galega tan ilustre, chamada Rosalía de Castro que soubo botarlle valor á vida e co idioma das xentes de Padrón e contorno, chegou a máis de corenta países dos máis civilizados do mundo, onde foron traducidas as súas obras.

9ª.- Nós somos os portadores da lingua de Rosalía a un e outro lado da Serra da Loba, nela expresamos o noso sentir, o noso querer e o noso ser.

Somos discípulos de Rosalía aínda que tamén sabemos valorar a Vidal Bolaño e a tódalas persoas que loitan pola cultura que nos identifica como galegos.

10ª.- Nós tamén estamos nesa liña e bástanos ser galegos, falar galego, vivir en galego e levar a Galícia a flor de pel por onde queira que vaimos.

Porque: ¡ ser galego e vivir en galego é unha gran festa!.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES