O persoeiro inesquecible
Fernández, Suso - jueves, 16 de mayo de 2013
Cronista Oficial de Foz
O concello de Lourenzá declarou éste o Ano de Fernández del Riego para ó longo del, e co gallo de diversas efemérides importantes na vida do ilustre intelectual e académico, render homenaxe ó mais insigne persoeiro da nosa cultura, nado no seu territorio, do que é Fillo Predilecto.
Cuarto de século hai que coñecimos personalmente a don Paco ó coincidír nunha cea de gala en Ourense na entrega de premios da Federación de Libreiros de Galicia, na que él era convidado de honra. Os encargados do protocolo tiveran a deferencia de acomodarnos á carón súa, e tivemos a oportunidade de conversar paseniño con tal enciclopedia, todo modestia, tolerancia, e respecto ás persoas e ás ideas por diverxentes que foran das súas; dotado dunha mente e unha memoria privilexiadas.
Contounos que pasara en Foz os doce primeiros agostos da vida, viaxe que facía no carro de cabalo de a Picueira de Vilanova . Cómo disfrutaba na Rapadoira apañando ollosmauou co esquieiro (que en Vigo chaman ganapán, nos dixo) por entras penas ou, precoz melómano, escoitando a Banda de Martiz de Vilaronte, que cada domingo daba un concerto no peirao
.
Director da Casa Galega da Cultura, de Vigo, na Porta do Sol, onde se atopa a Fundación Penzol, que tamén dirixía; foi alí onde nos últimos anos estreitamos a relación, pois moi pretiño vive Mauro, o noso sexto netiño. Esto fixo que o visitáramos con frecuencia e que tamén pasáramos mais tempo con él, que tiña serios problemas de mobilidade
Un día falamos do periódico Despertar que se publicou en Foz en 1936, e amosou interese en que unha colección do mesmo ficara na hemeroteca da Fundación. Á visita seguinte levamos unha fotocopiada e dende entón figura no arquivo da Penzol.
Boa parte das conversas eran referidas a mil aspectos da nosa bisbarra; o mestre vivía con nostalxia a ausencia do seu pobo. Había un feixe de anos que non se achegaba por Foz: díxonos que a derradeira vez, na compaña de dona Evelina, a muller, xantaran no Leytón e que tomaran unha botella de Paternina Banda Azul, ¡a memoria de don Paco!. Hai uns tres anos compartimos por última vez mesa e mantel e despois do café, cun vasiño de wisky, fumou o H.Upmann de cada día.
Tiña 95 anos. Recibira, ó longo da vida, os mais importantes recoñecementos e galardóns : Presidente da R.A.G.; medalla de Ouro de Galicia; medalla Castelao; Galego Egrexio; Pedrón de Ouro; Doctor Honoris Causa
O cronista únese afervoadamente a canto homenaxe se tribute ó ilustre laurentino, a quen, pola súa excepcional personalidade humana e intelectual, no noso nomenclator persoal figura como don Paco, o persoeiro inesquecible.
(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora