Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Alonso Montero

jueves, 16 de mayo de 2013
esde o Preguntoiro

Non chego a entender os insultos por parte do voceiro do BNG Sr. Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, ao Sr. Presidente da Academia Galega Xesús Alonso Montero. As súas palabras textuais foron as seguintes: “...un home rancio e anticuado. É un auténtico bocazas, un botarate petulante que destila certa misoxinia ....”

¿Que foi o que dixo Xesús para recibir eses virulentos insultos?. “Que o BNG quérelle tanto ao idioma galego que é como esas nais que, de tanto quererlles aos seus fillos, abáfanos apertando neles...”. Ao mesmo tempo recoñecía a loita desta coalición política polo idioma.

Teño unha sensación que comezaron os cazadores na captura de X. Alonso, abriuse a veda e todos os escachapiollos correndo como tolos a ver quen recolle o trofeo para colgalo na parede da súa casa. Sego sen entender esta caza. Sego sen comprender como todo un señor catedrático arremete desta maneira cunhas palabras insultantes de taberna que non teñen pés nin cabeza. Está insultando a unha persoa que pode ser o seu pai, un persoeiro que fixo moito polo idioma galego e por Galicia, que estivo loitando naquela “...longa noite de pedra...” por defender a democracia, a cultura e a clase traballadora. Un persoeiro que onde o chamaban (e seguen chamando) a dar charlas, conferencias sobre os problemas sociais, culturais e lingüísticos deste país, alí estaba e está Xesús para todo o que fixera falla.

Non discuto o grande traballo que fixo o BNG pola lingua galega, o recoñezo e síntome moi ledo por moitos militantes que loitaron polo noso idioma. Non encanto, por ese camiño dos insultos sen argumentar as palabras de Xesús é de persoas inconscientes, tratándoo como se fora o peor inimigo.

Non sei se decátase o Sr. Vence que o inimigo da lingua galega, dos recortes en sanidade, ensino e o paro está no goberno de Feijóo que lévanos por un camiño do abismo. Iso é o problema que temos, pero non se resolve insultando, senón sumando forzas e non restar. Argumentando e dialogando é a única maneira de lograr votar fora a quen de verdade fainos moito dano na fala e nos grandes problemas sociais no que estamos inmersos.

“A loita nobre e leal das ideas é o que asegura o progreso...”. Desta maneira comentaba fai tempo Alfonso R. Castelao. Sigámolo consello e non caiamos en cousas charramangueiras que soamente facemos rir a gargalladas aos “ilustres” gobernantes de Galicia.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES