Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ou é que non queres...

miércoles, 15 de mayo de 2013
O riquísimo folclore galego ten cantigas para todo tipo de situacións, pero hai unha que de xeito especial encaixa coa situación actual que vivimos en Galicia e en España, que nestes tempos de globalización ninguén se pode sustraer ás influencias externas, e se para algúns temas Galicia é autónoma, para sufrir a crise e xa non digamos para saír dela só se pode comprender se recibimos impulso e apoio exterior.

O Goberno español, ninguén o dubida, fai o que pode – e lle deixan- en relación coa situación económica, que por riba del están institucións europeas e, naturalmente, as institucións económicas que son as que gobernan o noso discurrir, bloqueando ou abrindo portas según mellor lles acomode.

O dito galego, referido a alguén que non ofrece os resultados apetecidos, quéixase de que “ou é que non queres, ou é que non sabes, ou é que che faltan as habilidades”. Pois iso: Non sabemos se é que non queren, pero desexamos creer que si que queren; ignoramos se é que non saben, porque neso da economía hai moito sabio teórico pero logo as cousas van por onde van; ou é que lles faltan as habilidades para chegar a bo termo a melloría pretendida.

Quedamos coa curiosidade sen satisfacer. Cal será a imposibilidade que lles afecta aos que tiñan que levarnos a bo porto?, Unha delas, dúas, ou as tres?. Sexa como fose, témolo crudo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania