Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Delegado Rexio

lunes, 11 de julio de 2005
A tradición quere que cada ano, o vintecinco de xullo, se celebre na catedral da capital de Galicia a festa do Señor Santyago, e que no acto El Rey, ou un Delegado rexio, faga a Ofrenda ó Apóstolo. Tamén a Súa Maxestade preside a cerimonia da conmemoración do Traslado dos Restos de Santiago O Maior, cada ano, o trinta de decembro.

A Ofrenda, en tempos, facía o Xefe do Estado, ou quen o representaba. Daquela, o representante podía ser o Capitán xeral da VIII Rexión Militar con sede na Coruña. Agora, os oferentes sustitutos poden ser o Presidente da Xunta de Galicia ou o Alcalde de Santiago, como este ano vai suceder.

Verdadeiramente, a Galicia non lle ven nada mal que cada ano a primeira autoridade do Estado veña a este país facer Ofrenda ó patrono común de Galicia e das Españas. Non lle ven nada mal, porque é poñer de manifesto a presencia de Galicia na Casa Real, evidenciada por xestos como o Ducado de Lugo, e a presencia de El Rey na nosa terra resulta parte importante nunha permanente operación de imaxe de Galicia sempre estimable.

E as sustitucións, de habelas, motivadas por outras ocupacións lóxicas do monarca, deberan ser noutros membros da Casa Real, incluída a Raíña, que recentemente ven de demostrar de novo o seu oficio (e saber estar e facer) con motivo dos actos que tentaban conseguir a nominación de Madrid para a celebración das Olimpiadas de 2012.

Seguro que hai razóns poderosas, mesmo de orde política, para delegar esta Ofrenda na primeira autoridade da cidade de Santiago, como ten ocorrido xa noutra ocasión. Como tamén se lle ten delegado a representación de ceremonia da Traslación. Pero momentos hai ó longo do ano nos que o Sr. Sánchez Bugallo pode e debe ter principal papel en relación coa actualidade cotiá galega, derivado do seu cargo de Alcalde da capital de Galicia.

En protocolo non hai delegacións, porque podería darse o caso que o delegado dunha autoridade estivese por diante doutra autoridade presente. Neste caso, as normas son ben outras, pero unha cousa é o que ocorre e outra a que nos gostaría que ocorrise.

Galicia merece que o seu Rei veña unha vez ó ano facer ofrenda ó Señor Santyago. E El Rey delega en quen quere. Pero ós galegos gostaríanos que a delegación fose só en caso extremo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES