Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preferentes

lunes, 13 de mayo de 2013
O das “preferentes” é un problema que en lugar de apaciguarse recrudécese cada vez máis, porque o tema é moi grave para moitos pequenos investidores sorprendidos na súa boa fe, que saben que a presión informativa e política é a única arma, ou alomenos a mellor arma ao seu dispor para ser escoitados e, se acaso, obter solución favorable para as súas reclamacións.

En todas as cidades, os afectados maniféstanse polas rúas, acoden ás institucións, fan “escraches” diante das oficinas bancarias que teñen intervido nas operacións que se reclaman, e chegan a interrumpir os plenos municipais para denunciar unha vez máis o seu problema.

As nosas xentes son por naturaleza previsoras e conservadoras, polo que os investimentos dos seus aforros fanos en contas a prazo que proporcionan escasos ingresos pero proporcionan seguridade; mercan accións de empresas seguras, que oscilen pouco no mercado; ou invisten en productos máis sustanciosos se os bancarios da súa confianza lle los aconsellan. Así que se investiron en productos como “Preferentes” ou “subordinadas” ten que ser porque os representantes das entidades bancarias ou de aforro lles deron de palabra todo tipo de seguridades, xa que saber que eses productos financieiros eran tan volátiles a boa hora tiveran investido neles por moi altos que foran os rendimentos prometidos.

Argumentar, por parte das entidades, que os afectados cobraron entusiasmados sustanciosos intereses non pode ser argumento en contra dos afectados, que ninguén se nega a aceptar un pago que ven ser a compensación por ter depositados alí os seus aforros. E por outra parte, que estean firmados os documentos correspondentes tampouco importa demasiado, que todos sabemos o que é a letra pequena dos expedientes bancarios, e a imposibilidade de leelos e entendelos por calquera persoa, salvo que llos leve a un economista e un avogado para que os asesoren sobre eles.

E non parece que a loita informativa e política vaia moi mal pola repercusión que obteñen, e mesmo polas resolucións xudiciais que se están producindo dando a razón aos afectados por estes investimentos arriscados. Así, a un matrimonio vilalbés, veñen de recoñecerlle o dereito de percibir os case noventa mil euros investidos, por erro no consentimento e falta de información na suscrición destes produtos.

Aínda que o tema fai tempo que empezou e parece ir para largo, a loita continúa, e a opinión pública está da parte máis feble, dos afectados particulares, que non deben nin poden perder os aforros – de toda a súa vida, en moitos casos- porque unhas entidades bancarias decidiran xogar a unha ruleta rusa económica, e perder. Agora, deberán pechar coas consecuencias. Levará tempo, pero parece que os máis febles, de cara ao futuro, levan as de gañar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES