Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vida despois da Política

viernes, 08 de julio de 2005
O debate de se hai ou non vida despois da vida, sen a seguridade absoluta da afirmación, está resolto pola vontade de crer que, efectivamente, hai algo máis grande despois desta existencia.

O debate que non se establece habitualmente é se hai vida despois da política.

Os que non están na política, saben perfectamente que a verdadeira vida está fóra. Que fóra dese mundo irreal, finxido, artificial, no que se move a gobernación deste mundo, está a vida en todo o seu esplendor.

Os que están na política, ignorando voluntaria ou involuntariamente o que sucede fóra, coidan que todo xira ó seu redor, e que son os que verdadeiramente controlan o que pasa nestes mundos, sen que ningunha actividade, situación ou persoa escape ó seu control. De modo que case ninguén plantea o debate de se hai vida despois da política, a menos que haxa unha crise.

Entonces, neste mundo en crise, neste tempo de Galicia no que case só se fala de política, hai moitos que se plantean a existencia sen a política activa e, despertando dun letargo longo e plácido, descobren que o tempo político se acaba, e póñense a considerar xa non se hai vida despois da política, senón se non teñen demasiado esquecido ou abandoado todo o campo exterior, tódolos ámbitos de acción -mesmo o familiar- en aras da política.

Descubrirán que sí, que hai vida despois da política. Mellor aínda: que a verdadeira vida anda por fóra da política. Que a política -Sexismundo dixit da vida- é "un frenesí, unha ilusión". E o personaxe de Calderón, que por ser teatro, e por ser xenial vivirá sempre, podería concluir "que toda a política é soño, e os soños soños son".

Que o despertar á vida dos que saen da política lles sexa placenteiro. Comprobarán que, como dicía Manuel María, "a vida é moi fermosa aínda que hai homes que teñen os beizos emporcados en verbas de falsía", e "que as estrelas se alcenden cada noite".
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania