Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mellor profesión

lunes, 13 de mayo de 2013
Hoxe en día unha das mellores profesións existentes para calquera mortal é a de ser político. Meu Deus, como cobran!

O alcalde de Cea subiu o seu soldo anual en 14.404 euros; e din que o fixo para compensar a súa marcha da Deputación. A ver se alguén pensaba que se quedaba de parviño. O concello de Barbadás engadiu a máis concelleiros na lista de dedicacións exclusivas; de seis que son cobran cinco. Eu de min ao sexto, levantábame en armas. Quedar sen cobrar! Claro que agora para pagar esas dedicacións, hai que recadar, por exemplo, cobrando as actividades extraescolares dos rapaces.

Máis de dez anos sen cobralas e agora, en plena crise, ale, máis paus para os pais. A algúns conselleiros coñézoos e gustaríame saber cándo lle dedican a concellos esa exclusividade. Xa digo, a mellor profesión hoxe en día.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania