Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amas de casa de Foz

lunes, 13 de mayo de 2013
En 1978 xurdíu na vila o primeiro colectivo de mulleres que se organizaban co fin de atopar na solidaridade e a convivencia a canle axeitada para vivir as súas inquedanzas e para estar presentes, legalmente constituídas, na sociedade nova que agromaba. Chegaba a apertura á participación na “res publica” e a muller, de sempre marxinada, debía tomar posicións para facer valer a súa presencia e para reivindicar dereitos e consideracións históricamente negados.Así nacía, hai agora 35 anos, a Asociación de Amas de Casa de Foz.

O ano 2003 o colectivo celebrou as Vodas de Prata, editando con tal motivo unha revista na que colaboramos cun modesto artigo que, dez anos mais tarde, suscribimos. Dí así, parcialmente: “Galicia é, de sempre, un matriarcado. O mais fondo do ser da nosa terra, dende a complexión e a tectónica das terras, ata a capa da paisaxe que ten enriba; dende a música e a fala ata calquera manifestación do temperamento e a cultura, todo aparece baixo un tinte feminino. Asimesmo, lémbranos Martínez Barbeito, “moito do mellor que producíu o xenio indíxena débese ás mulleres; daí que nalgun momento se dixera que “en Galicia os grandes homes son… mulleres”. A carón de mulleres senlleiras da literatura e a poesía, das artes, da socioloxía, da política e aínda da guerra, miles de mulleres galegas, ás veces insignificantes ó exterior, son a alma e o corpo do fogar, levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico; e non só aquélas ás que Rosalía chamou “viuvas de vivos”, por outra parte exemplo de entrega e sacrificio. Pero a pesares desta realidade obxetiva, razóns históricas, sociais, culturais e políticas mantiveron ás femias afastadas de todo poder e de todo protagonismo.É certo que a evolución foi grande no último século: pouco ten que ver a situación de hoxe con aquela, do s.XIX, na que Concepción Arenal, para asistir á Universidade, vestiuse de home. Pero a loita da muller non rematou, continúa; aínda que como dixo o poeta “ para honrarla el hombre, bástale a la mujer que mujer sea”. Parabéns ás amas da casa de Foz e,¡ a polas vodas de ouro!.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES