Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sen profesorado...

jueves, 09 de mayo de 2013
Antes de nada teño que dicirlle que é vostede unha persoa moi afortunada, non porque estea lendo o que unha servidora escribiu, máis ben porque, afortunadamente vostede sabe, pode e quere ler, co conseguinte enriquecemento que eso leva consigo.

Quede moi claro tamén que agradezo moito que lea o que eu escribo; pero o tema de hoxe vai referido á SUMA IMPORTANCIA DO PRFESORADO NA VIDA DAS PERSOAS.

Nunha ocasión, unha persoa, díxome:

“OS MESTRES SON OS PAIS DE TODO”
“SEN ELES NON HABERÍA MÉDICOS NIN ABOGADOS, NIN CURAS, NIN NADA...”

Naquel momento, sorprendeume porque nunca me parara a pensalo, eso que eu pertenzo a tan noble colectivo.

Pero recapacitando un instante enseguida me decatei do que podería pasar se nos existira o PROFESORADO.

¿Imaxínase por un instante como sería o mundo se ninguén soubera ler nin escribir..?

Estaríamos na prehistoria. ¿Non, si?

Seguro que está de acordo comigo en que o descubrimento da lectura, da escritura e do cálculo, cambiaron para sempre o rumbo do mundo.

Tamén supoño que estará de acordo comigo en que somos uns privilexiados en nacer nun país onde se pode aprender a ler, escribir e moitísimas cousas máis.

Afortunadamente temos unha lei (mellor que non fixera falta) que obriga a tódolos nenos a ir á escola polo menos, polo menos na etapa obrigatoria.

A escola mellorou moitísimo nos derradeiros cincuenta anos:
-Da pizarra de lousa, pasamos á pizarra dixital.
-Do manuscrito ou enciclopedia ó libro dixital.
-Dos debuxos no papel, ós documentais en vídeo, Cd, pen...
-Dos mestres sen a penas titulación ós profesores universitarios.
-Dos mestres xeneralistas ós especialistas…

En fin, progresamos máis ou menos adecuadamente, tendo en conta que o que é adecuadamente, adecuadamente en educación nunca se evoluciona, porque é un labor tan complexo que sempre ten moitísimo que mellorar.

Pero… ¿Sabe vostede que están reducindo drásticamente o número de profesores no noso país?

¿Sabe que se un mestre ou profesor se pon enfermo por un período máis ou menos corto de tempo, non lle mandan outro para sustituílo; quedando polo tanto os nenos mal atendidos?

¿Sabe que moitos profesores van traballar “sen poder“ porque se collen a baixa, descóntalles moitísimo e fanlles moita falta os cartos para facer fronte ás súas necesidades familiares?

¿Sabe que cando se xubila un docente no ensino público, se ven que se poden amañar sen el, xa non sacan esa praza a concurso?

¿Sabe vostede que os nenos de hoxe en día necesitan moitísima máis atención que os de antes porque viven nun mundo completamente diferente?

¿Sabe vostede que hoxe en día temos moitos nenos con necesidades educativas especiais debido á inmigración, ás separacións matrimoniais, á estreitura económica e a otros moitos e moi variados factores?

¿Sabe vostede que cada vez pídese máis nivel formativo ós profesionais xoves que buscan o primeiro emprego?

¿Entende vostede que se reduza o número de profesores cando as necesidades educativas son maiores?

Eu, sinceramente debo confesarlle que non o entendo.

Estou recapacitando no que me dixo o meu veciño e saco conclusións....

Se por unha banda se esixe máis os profesionais que buscan o primeiro ou o segundo ou o terceiro emprego, e por outra banda a educación da infancia irá a peor debido os recortes....

¿Non existirá a posibilidade de que moitas persoas queden tiradas no foxo da vida?

¿Non aumentará a delincuencia?

¿Non irá de mal en peor a seguridade cidadana tanto no médio rural como no urbano?

¿Non se porá en perigo o que levamos evolucionado en moitos, moitos anos?

E...¿como lle irá á família media en xeral?

E, se falla a familia ¿que vai pasar coa sociedade?

¿Que lle parece, sería necesario un xiro ás nosas prioriddades?

¿Non deberemos –entre todos- recolocar os nosos valores fundamentais cada un onde lle corresponde?

¿Podería vostede estar lendo esto e eu escribíndoo se non houbera detrás o labor do PROFESORADO?

Eu conclúo que:

“SEN PROFESORADO NON HAI ESCOLA”

“E SEN ESCOLA NON HAI PROGRESO”

E vostede: ¿Qué opina?


Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aqui o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES