Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dominó

miércoles, 06 de julio de 2005
Sabido é que o presidente en funcións Manuel Fraga é un apaixoado polo dominó, xogo que adoita practicar en canto ten un momento libre, tendo Lugo e Vilalba como escenarios especiais destas competicións, que sempre constitúen pausas entre a súa frenética actividade persoal e política.

Pero á colocación horizontal das fichas de dominó, unha vez xogadas na mesa, contraponse a colocación vertical previa á xogada, ou a sempre complicada tamén vertical para a consecución de figuras e conxuntos que se formarán coa sucesiva caída das fichas estratéxicamente colocadas.

Dahí ven o paralelismo que se establece entre a caída sucesiva de fichas de dominó cos feitos sucedidos en serie e viceversa. E ninguén mellor que don Manuel para extraer dese paralelismo as conclusións precisas.

Despois da anunciada xuntanza entre Psoe e Bng para conseguir a mínima maioría que goberne Galicia, parecen darse as condicións para que similares xuntanzas se establezan noutros lugares superando antigos recelos.

Así, en Vigo, a dimisión de Pérez Mariño como antes foi a marcha de Lois Pérez Castrillo, parece abrir vieiros para que de novo a conxunción de forzas de esquerda se plantee gobernar a primeira cidade de Galicia. E aínda que segundas partes non foron nunca boas, o trasacordo político ben puideran lograr o que antes foi imposible.

Os acontecementos en política, aínda co "efecto dominó" en marcha, non ocorren con tanta rapidez como sobre os tableiros, pero estes valen como escenario de planteamentos ou supostos previos para cavilar o que logo pode ocorrer.

Moitos acontecementos van ter Galicia por escenario, neste novo tempo político no que Bng e Psoe pretenden facer tábula rasa das Fundacións, empresas públicas e demáis figuras legais que o PP estableceu para mellor facilitar o funcionamento da administración.

Neste momento estase procedendo á colocación das fichas. Veremos, logo, se o dominó real ten o paralelismo que se lle supón ó dominó de tableiro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES