Moisés e Rajoy
Cardalda, Theo - miércoles, 08 de mayo de 2013
Desde o Preguntoiro
O PP remata de explicar co seu voceiro Sr Rajoy 12 puntos onde cre que España va bien. Máis ben asemella a 12 Mandamientos de la Ley del Señor. Non encanto, Rajoy supera a Moisés en dous máis.
Vou centrarme un pouco no quinto mandamiento que fala do aumento do poder adquisitivo dos pensionistas e dos españois en xeral. Se neste mente como un cosaco, os restantes once puntos son de xulgado de garda.
Comenta o Sr. Presidente que: los pensionistas recuperan el poder adquisitivo, será porque que deixan máis do cinco por cento en mercar medicamentos e non aumenta o que corresponde ao IPC; quizais fale dos que xubílanse na banca como o último que o fixo no Banco Santander con 88 millóns de euros, ou de algúns políticos que retíranse sen dar un pau a auga con pensións máximas.
Non quero pensar a cantidade de mentiras que di nos outros once puntos ( todos os puntos pódense ler nos xornais), ou este Sr. non vive neste país, ou está el e toda a cúpula do seu partido embarcados no surrealismo. Pode ser que por riba de mentir e caer no surrealismo téñanos por gilipollas á maioría dos españois. Hai que ter unha falta de conciencia, moita cara dura e moito estómago para manipular os datos e votalos enriba da nosa cara.
A realidade é outra nun país en estado de emerxencia nacional, con perspectivas sociais moi escuras, cun goberno que mente e un obxectivo de tapar a corrupción do seu partido desde posicións dominantes de poder e de influencia. Onde somos o exemplo de pobreza infantil. Xa non temos dereitos laborais, só obrigas. A sanidade estase privatizando para darlla aos seus amigos. A lei do aborto que devólvenos aos anos 50. O ensino público volve aos anos 60. A lei de dependencia non existe. Xa non temos dereito a manifestarnos nin dar a nosa opinión, criminalizando e demonizando desde o goberno aos que sufrimos este desmantelamento .
Teñen a razón da forza represora, porque as razóns para manterse no poder non existen. Asemella democracia pero non a é.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora