Viños e licores
Editorial - martes, 07 de mayo de 2013
Xunto con ultramarinos o de viños e licores era un ramo da alimentación que predominou no noso país antes de que se inventasen os supermercados, as grandes superficies, e toda unidade comercial da alimentación que supere o tamaño atendible directamente por unha sóa persoa.
Viños e licores constitúen o último problema político que se suscita nos nosos lares, centrado en Ourense, por consumo efectuado polo grupo municipal socialista con destino a dúas festas privadas.
Noutro tempo, o caso non xeneraría o menor problema, pero neste momento económico e político, no que todo se mira con lupa especialmente as contas que presentan os políticos e os seus grupos, o que podería ser un gran de area é unha montaña, a falta quizais doutros temas que levarse ás ágoras políticas que máis que nunca andan revoltas.
As contas particulares permiten perfectamente mercar calquera tipo de sustancias legais para celebrar o que corresponda. Pero cando os fondos son públicos é outra cousa, especialmente se estamos nun tempo de despertar conciencias e imos formando un marco no que colocar o que se debe e non se debe facer nas institucións públicas.
É sólo un pequeño detalle que ata hai pouco non chamaría a atención. Agora, é noticia. Ao mellor é para ben, e desde agora as cousas e os gastos- hanse pensar mellor, por temor ás consecuencias.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora