Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estaba tremendo: ¡eu tamén!

martes, 07 de mayo de 2013
Estaba tremendo: eu tamn! -¡Soldado, vostede está tremendo! ¿Co frío, ou é co medo?

-¡Tremo, meu Xeneral, pero estou no meu posto…, que outros desertaron!

Estaba tremendo, pero eu tamén, aínda que non son francés. Daquela, ¿de onde son? ¡De onde somos todos: fillos das circunstancias!

Falando de circunstancias: Á nosa España debeuna ver unha meiga: Foise Napoleón, e veu don Hermenegildo; foise o ferrolán e veu, ou por mellor dicir, xa estaba, outro militar, outro Puig y Moltó por máis referencias, ADN aparte. ¡É o que ten adir unha herdanza sen facer aceptación a beneficio de inventario! Nesta herdanza herdamos as do demo: Un sistema de listas cerradas, ou máis que cerradas, pechadas. Un imperialismo de fatos, daqueles de tira-la casa pola ventá…, aínda que non nos tocase a lotería! Unha deformación do vocabulario, pois, entre outros desatinos, enxeñeiros e economistas deron en chamarlles polígonos industriais ao que era, e resultou…, comerciais! Trocouse a nosa incipiente exportación por unha inxente importación; ¡claro, dirixida polos “importantes” do país. E logo que, a falta doutra industria, demos en fabricar fillos para facelos avogados, e con eles, a imitación dos romanos, pasamos á exportación deses letrados. E menos mal, ¡menos mal!, que nos reservamos un daqueles preceptos justinianeos: ¡Do ut des! ¡Douche…, para que me deas! Principio básico, fundamental na política hispana: Se me das, recibirás. ¡O malo disto é que non é mercadoría exportable, pois tamén a teñen os nosos veciños, particularmente nos países subdesenvolvidos!

Nestas circunstancias, nesta guerra, neste universo de astros parados, sen rotación aínda que si con translación, cómo non vou tremer! Calquera día volven os mouros para re-conquistarnos, que para eles si será Reconquista…, e nós sen un Pelaio que nos defenda!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES