Adiante coa música!
Cachaza Platas, Mercedes - lunes, 06 de mayo de 2013
O día dous de maio de 2013, a UNED SÉNIOR DE XESTOSO reuniuse para celebrar os logros acadados polo alumnado da Uned Sénior na clase de MÚSICA.
Se ben é certo que cando iniciamos este curso de música, non sabíamos moi ben que se esperaba de nós; a estas alturas, xa se ven certos logros que merecen ter unha celebración.
Unha parte de alumnado está moi dotado para este idioma universal, a outros cóstanos máis, pero entre todos somos capaces de ameniza-las nosas festas e disfrutamos moito facendo felices ó resto do alumnado que nos escoita.
A verdade é que a música está en todas partes onde existe un puñado de persoas que queren celebrar algo:
-Se facemos unha festa familiar, a música non pode faltar.
-Se celebramos a festa do patrón, a música non pode faltar.
-Se celebramos calquera a contecemento importante, sexa civil ou relixioso; a música non pode faltar.
-Se celebramos um acontecemento alegre, a música non pode faltar.
-Se celebramos um acontecemento triste, como pode ser opasamento dun ser querido, a música non pode faltar:
-A natureza eléctrica da materia debe ser tamén musical. A música está en todo. Todo é música.
-Cando éramos bebés, alguén se encargaba de cantarnos preciosas nanas.
-Na infancia, tiñamos a música como asignatura nas escolas e nos xogos infantís.
-Na xuventude, tíñamola na universidade e tamén canturreábamos nós mesmos según a canción de moda.
-E na vida adulta, igual.
-E loxicamente non podía faltar agora nesta etapa da vida senil, porque coincide co momento no que temos máis memoria musical que fomos acumulando ó longo da vida.
Por eso é unha idea moi acertada que a Uned Sénior a siga cultivando e teña un día para celebrala.
Grazas ó vídeo realizado por Marcos Nine Búa para a Uned Sênior de Xestoso, poderemos vernos cada un a si mesmo e tamén dentro do grupo.
Que veremos moitos fallos, xa o sabemos, pero ímonos quedar co lado positivo: tamén son moitos os logros acadados grazas ó esforzo de tódolos participantes e máis ó do noso profesor de música que vale un imperio.
Certo que o alumnado é como é, pero o profesor que temos neste momento é a persoa idónea para mostrarnos os encantos da música.
Sabe levarnos con profesionalidade, moita paciencia e moito cariño.
Sirvan estas palabras para mostrarlle o noso máis agradecemento.
Grazas tamén ó alumnado máis adiantado que fai de locomotora e vai tirando dos que imos no último vagón.
Graciñas tamén os do último vagón, porque grazas a nós o tren é máis longo e dá gusto velo.
-Grazas ó do bombo que nos marca o paso.
-Grazas os gaiteiros.
-Grazas os tamborileiros.
-Grazas os saxofonistas.
-Grazas os do charrasco.
-Grazas os acordoeonistas.
-Graciña os da caixa que todo un mestre na materia.
-Graciñas ás pandereteiras
-Grazas os das cunchas que co seu chas-ca-rras-cás amenizan a festa.
-Grazas a tósdolos músicos dos restantes instrumentos.
-Grazas ó Profesor por ensinarnose coordinarnos.
-Grazas á Uned Sénior por incluí-la música como asignatura.
-Grazas a tódolos asisitentes por reunirse en torno a esta celebración.
Todos, absolutamente todos somos necesarios para que as cousas vaian o ben que van.
Sen a nosa colalboración no poderia levarse a cabo esta celebración na que compartimos música, mantel, compañía, relación interprovincial e moitas cosas máis.
¡Graciñas e moi feliz velada para todos!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora