Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O vaivén da informática

lunes, 06 de mayo de 2013
A informática é unha marabilla cando vai ben, cando lle dás ao cursor e, zas, nun abrir e cerrar de ollos asoma na pantalla do ordenador aquela páxina ou asunto ou arquivo que queres abrir, que queres ver. Pero cando á informática se lle dá por ir mal, ai meu Deus!, desespéraste de tal maneira que pensas unha e outra vez no bolígrafo Bic ou no lapis Noris HB 2. Estes nunca fallan.

Poida que non entendas ben a letra do que manexa estes aparellos, pero queda aí sobre o papel para quen le de todo. Mentres que se nun momento dado che acontece o que me acaba de acontecer, que a internet non quere arrear, nin tan sequera se quere abrir, quedas cego coma unha toupa, quedas a velas vir. Non podes facer nada! Simplemente mirar para a pantalla e esperar o que nunca chega. Ou intentar darlle unha labazada co risco, claro está, de rompela.

Ás veces chega con apagar o ordenador e volver a acendelo. Iso fixen e xa vai. Pero como desespera!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania