Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Andaravío

viernes, 03 de mayo de 2013
O pasado domingo tivemos a gozosa oportunidade de asistir á presentación en sociedade dun novo colectivo, creado co laudable propósito de espallar a nosa cultura nos eidos da música e as cantigas tradicionais.O grupo bautizouse co nome engaiolante de “Andaravío” e fórmano uns trinta compoñentes adultos de ambos sexos, que dende o pasado mes de outubro ocúpanse, amais dos ensaios, nos labores de organización e posta a punto de canta parafernalia esixe tal obxetivo. Nese senso anunciaron que están a confeccionar uns espectaculais traxes, novedosos e orixinais, inspirados nos usados en vellos tempos na bisbarra de Lugo.

Conta co profesor de gaita, Jorge Fernández, ben coñecido no mundo musical da bisbarra e a parella de baile Javier Ben e Milagros, que adistran tamén ás pandereteiras, asi mesmo avezados ensinantes que teñen numerosos discípulos en boa parte da Mariña.

Un dos obxetivos que se marcan é a recolleita por toda a zona dos cantares dos nosos antergos, do rural labrego, e das cantigas mariñeiras de taberna, tan prodigadas no pasado, no noso contorno, algúnhas verdadeiras xoias da tradición oral que, de ninguén ocuparse delas, rematarían perdéndose como ó longo dos tempos sucedeo con moitas o que produce, inevitablemente, o correspondente empobrecemento da nosa fala, O grupo é aberto e poden integrarse nel cantas persoas o desexen, femias ou varóns; non se precisa ter coñecementos previos; só o desexo de participar e de pasar unhas horas de ledicia e sano esparcemento.

O perfil dos mesmos é o de persoas adultas, traballadoras, que desempeñan variadas ocupacións; trátase dun grupo heteroxéneo; algunhas chegadas de distintos puntos, mesmo de fora de Galicia, e aínda do estado, residentes en Foz ou pobos limítrofes, circunstancias éstas que, mesturadas coas indíxenas, enriquecen, social e culturalmente, o grupo humano.

Nós saudamos a chegada deste novo canle para a expresión cultural da nosa veciñanza e desexamos que a xeira que encetan resulte exitosa e altamente satisfactoria.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES