Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outro pleno esperpéntico

viernes, 03 de mayo de 2013
DESDE O PREGUNTOIRO: OUTRO PLENO ESPERPÉNTICO

O pasado luns no Concello de Vilagarcía tivemos outro pleno esperpéntico. Esta vez algo insólito despois de máis de trinta anos de “democracia”, a policía identificou e rexistrou nunha lista aos asistentes.

O Alcalde Sr. Fole xustificou esta medida por razóns de seguridade.
Coido que todo isto pódese considerar como anticonstitucional, xa estamos fartos de coartar a liberdade por mor da seguridade, parece que o Sr. Alcalde confunde seguridade coa liberdade do cidadán a estar no pleno por asuntos que lles compete.

Cando non se escoita aos cidadáns, cando non se recibe aos colectivos para falar ou consensuar decisións importantes para a cidade, iso non é democracia, son decisións que lémbranme tempos pasados daquela “longa noite de pedra”. O único que está a facer o Sr. Alcalde e demonizar e criminalizar as protestas dos cidadáns con unha “lista negra” como se estiveramos nunha época nazi, coartando ás persoas a estar no pleno.

O Sr. Alcalde di: que están a crearlle nos plenos “guirigays” os veciños e colectivos, coido que “democracia” non é soamente que lle voten cada catro anos e logo patente de corso para facer o que lle pete dos “cataplines” (como dicía o socio do goberno municipal). Democracia é atender na lexislatura os problemas que veñen xurdindo ao longo do tempo, chamar aos afectados e expoñer tódolos puntos de vista para chegar a un acordo e levalo a cabo. Xamais tería esas protestas se non actuara como un pequeno ditador, se atendera as peticións ou consensos para tomar decisións que afecten a unha boa andaina da cidade. Soamente hai un único culpable ante a posición intransixente do goberno de Vilagarcía, ese é o Sr. Alcalde que crese un Deus na compaña dos seus fieis santos cun Judas Escariote.

Dáme a sensación que a filosofía que practica o Sr. Alcalde, concorda coa que estamos a sufrir coa mediocridade do goberno da nación, que lévannos ao desastre, tanto ético, moral e económico.

Nunha democracia, a cidadanía de ben ten todo dereito a protestar ante as inxustizas dos seus mandatarios, en especial cando non cumpren as súas promesas electorais.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES