Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día das Letras Galegas

sábado, 04 de junio de 2005
O Día das Letras Galegas, que foi afortunada invención de Manuel Gómez Román e Francisco Fernández del Riego, mentras non sexa asumido por Decreto pola Xunta de Galicia é unha xornada que promove a Real Academia Galega, asumida pola xeneralidade dos galegos.

Ó ser declarada festa oficial esta xornada perdeuse a súa celebración directa nos centros educativos, que a atrasan ou a adiantan, según conveña á programación educativa, e os galegos celebramos o "Día" do xeito que mellor acomode á climatoloxía: praia, montaña, paseo ou enclaustración.

Agora, a Real Academia ven de dispoñer que o ano 2006 sexa homenaxeado Manuel Lugrís Freire, obrigándonos a case todos a consultar (no noso caso, o portal "Galegos") as publicacións axeitadas, para comprobar que este Lugrís non é artista plástico e sí escritor que merece ser lembrado, e académico da institución que agora o recoñece.

Está moi ben que a Academia rescate figuras da nosa literatura que están medio ou totalmente esquecidas, para facelas revivir a través dun supremo acto de xustiza. Eso, por exemplo, ven de pasar con Lorenzo Varela, emigrante descoñecido no seu exilio interior e exterior.

Pero a institución ten que soportar ano tras ano propostas máis ou menos atinadas de nomes ós que homenaxear, que debe estudiar, sopesar e aceptar ou rexeitar.

Quédanlle pendentes as de Delgado Gurriarán, María Mariño ou Díaz Castro, que merecen o día, e algún ano terán que telo. Pero tamén se lle teñen proposto Chano Piñeiro, Pucho Boedo ou Andrés do Barro, que parecen mostra de extraño sentido do humor dos propoñentes ou desexo de reventar desde dentro a celebración.

Chano Piñeiro merece outra homenaxe, pero non o día das Letras. O mesmo pode dicirse de Pucho Boedo, pola súa especial interpretación dos nosos clásicos. Pero que Andrés do Barro poida ter no seu haber a posibilidade dun "Día das Letras" desencaixa a mandíbula de calquera persoa sensata.

O "Día das letras galegas" é para o que é. Para as letras, e os que as coidaron. E chegou a hora de Lugrís Freire.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES