Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saprofitismo institucional

jueves, 02 de mayo de 2013
Saprofitismo é un xeito de nacer e medrar a costa dos demais, por exemplo os fungos, as setas e as bacterias que descompoñen os cadáveres son saprofitas. O saprofitismo desenvolvese especialmente sobre os cadáveres e as materias en descomposición. Ata aquí o significado biolóxico, mesmo podemos dicir natural de setas, fungos e demais.

Hai outro saprofitismo de carácter social ou institucional, moi doado de observar, por desgracia, na situación actual de depresión e pauperismo da sociedade española.

Estamos comprobando que institucións como as extintas caixas de aforro, os bancos e demais entidades financeiras, para evitar morrer elas matan unha parte da sociedade e a outra parte sométena a “saprofitismo” sobrevivindo e mellorando a situación económica sobre os cadáveres que deixan os desafiuzados ao morrer.

Recoñezo que estas frases son moi duras, a min mesma me dan escalofríos ao escribilas; para maior INRI, está soando a canción dos Secretos “Agárrate fuerte a mí María”, aquel pai mozo preso do saprofitismo da droga, que lle pedía á súa filla, María, que se abrazase a el, non para amparar á nena senón para non morrer de pena “que tengo miedo y no tengo a donde ir”. Sí , así de dura é a vida para máis dun, para moito máis dun milleiro neste momento de “liquidación de comercios e de ilusións”.

Bancos e caixas desafiuzan aos que non poden pagar as súas cuotas de hipoteca, moitos, ¡quen non veu un cadáver flotando no mar de auga ou do aire!, cconvértense en fría morte, pero deixan á familia a lousa de dez mil, quince mil ou vinte mil euros que deben de aboar, mesmo incluso despois de perder a vivenda e a vida. Semella que esas entidades e algunhas institucións, a xustiza mentras non se cambien as leis, viven do saprofitismo, do que queda máis do cadáver.

Lanzo como un berro ¿Por qué hai que obedecer leis inxustas?, ¿por qué os gobernos que presumen de defender unha moral (que non ética) relixiosa, non fan nada?, quizais porque son xuices e parte no saprofitismo.

É moi dolorosa a situación actual, mentras hai familias que se afogan nas débedas e non atopan traballo, algún señor, moi próximo ao goberno que temos, recibía máis de vinte mil euros por “aconsellar” ao partido. Unha persoa que vive noutro mundo, que non coñece nin comprende, nin se compromete co sufrimento do seu país, ¿qué pode aconsellar?. Pero hai máis, este señor confesa que conseguíu trinta e oito millóns de euros, máis de 6.300 millóns de pesetas, que evadiu a Suiza e outros paraísos fiscais mentras ve como se derrumba a economía de España. E aínda máis, ese diñeiro non está nun cofre senón que o investiu en sociedades que poden ser grandes empresas inmobiliarias, así chegaríamos ao saprofitismo das institucións empresariais.

Hai que cambiar a Lei das hipotecas, hai que liberar ás familias da miseria máxima, da oscuridade e do túnel inacabable no que viven. Faltan moi poucos días para se discuta o tema na Cámara de Deputados, ¡quen terá o estómago a negarse!, ¿qué razón superior ás persoas poden alegar para non cambiar a Lei?.

Se os políticos non fan nada, que dean un paso adiante os xuíces e que se neguen, “por conciencia, por ética” a emprender novos xuizos de desafiuzamento por hipotecas. ¡Que edificante a fotografía do bombeiro que se negou a desaloxar a vivenda, alegando as razóns do cartel que portaban stop desahucios!. Se os ricos fosen un pouco menos ricos, non pasa nada, entreteríanse no futuro traballando un pouco máis. Ao que deben aplicarse os xuices é a obrigar aos evasores ou defraudadores a que devolvan o diñeiro, e que pasen unha tempada no cárcere ou vivindo con cincocentos euros ao mes.

Para rematar, coido que hai que incluir nos “actos non legais” as valoracións dos inmobles cando os compradores ían pedir a hipoteca. Entón, como había abundante liquidez nos bancos, valorábase o inmoble a hipotecar en cantidades superiores ao valor real. Agora, afundido o mercado de vivendas, a valoración para a débeda mantense, pero no mercado véndese na metade. ¿por qué toda a responsabilidade cae no hipotecado?.

O dereito ten que ser xusto e pura lóxica polo tanto “o que o fixo que o pague”, é dicir, o que deu a valoración do inmoble é máis responsable ca o que pediu o préstamo. O que traballa no banco, nas valoracións, nas hipotecas, ten a obriga de coñecer o contexto no que se move, e as variables posibles no momento no que actúa, co agravante de que o crac da vivenda xa se tiña producido en Italia antes ca en España, e aquí ignorárono, non se deron por enterados, e ¡veña a dar, a conceder, máis aló do que se pedía!.

O que vai solicitar unha hipoteca non está obrigado a coñecer todo esto, sexa vello ou novo, a súa actividade é dar clase, colocar ladrillos ou investigar nun laboratorio. Non é a mesma responsabilidade polos dous bandos. Señores do Goberno: Cambien a Lei Hipotecaria, e eviten a morte dos seus concidadáns!!.
Cal, Rosa
Cal, Rosa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES