Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escraches e Beiras

viernes, 26 de abril de 2013
O dos “escraches” –nome da loita urbana pacífica de Sudamérica- e significará acoso, sen derribo, é un tema de actualidade estes últimos tempos, constituíndo unha novidade na loita cidadá que ata o momento se contentaba con rodear as sedes dalgúns partidos políticos e agora traslada esa acción ás casas particulares dos persoeiros metidos en política, co que se involucra non só aos que teñen vida pública acreditada senón ao resto dos membros da unidade familiar que non teñen porque sufrir esas accións.

E recentemente producíronse dúas novidades preocupantes, que fan pensar en como nos anda o corpo colectivo, e se avanzamos ou retrocedemos no respecto dos dereitos dos demais, e na súa integridade mesmo física.

Chama a atención que o Presidente do Consejo General del Poder Judicial e do Tribunal Supremo, afirme que os escraches, en tanto non sexan violentos, son un exemplo de liberdade de manifestación, declarándose “namorado” deste xeito de protesta. Témola clara se por aí van ir os tiros, e esto ven “sentar xurisprudencia” para convertir nunha casa de tolos a nosa convivencia cidadá.

Singular escrache tamén o protagonizado polo máximo representante da Alternativa Galega de Esquerdas, Xosé Manuel Beiras, que nunha sesión plenaria do Parlamento Galego chegou a petar co puño no escano de Alberto Núñez Feijóo, vociferando, e ausentándose posteriormente do hemiciclo nunha continuación tormentosa perfecta de aquela sesión de hai un par de décadas na que – parodiando a Jhruschef na Onu-, sacou un dos seus zapatos e se puxo a dar golpes con el no seu escano.

Mira que me cae simpático Beiras, que ten a Galicia económica e social na súa cabeza, que é imprescindible neste país mentras non teña continuador ao seu nivel, pero feitos coma este desacredítano sen darse conta do dano que lle fai á Cámara e a si mesmo.

Se facemos caso da doctrina persoal do Presidente do Tribunal Supremo, os escraches teñen que ser totalmente pacíficos. E xa escoitei a un tertuliano que abogaba porque se lle facilitase aos “escracheiros” o domicilio privado do Presidente para que lle fosen a dar as gracias.

Mal estamos como país se perdemos as formas, sexamos Presidente do Tribunal Supremo, Deputado no Parlamento ou manifestante de a pe. Imos mal, e eses exemplos non contribúen para nada a mellorar a situación.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES