Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non consumir

jueves, 02 de mayo de 2013
Sempre se nos mandou consumir. E agora, como naquela canción da revolución cubana, “llegó el Comandante y mando a parar”. Aínda que aquí non fixo falla Comandante – afortundamente- nin ningún outro membro do escalafón militar, que este problema démolo planteado perfectamente entre civiles, e loxicamente entre civiles teremos que encontrar solucións.

Durante décadas, a consigna era consumir. Mesmo sen importar a procedencia que se non se fortalecía a industria patria si polo menos se beneficiaria o importador e os distribuidores. Consumir todo tipo de productos, individual ou familiarmente, colectivamente. E había que cambiar de coche, como mínimo, cada dez anos. E había que ter un reloxio de ouro, e un piso grande no lugar de residencia, un apartamento na costa ou na montaña, e unha casiña na aldea no lugar de procedencia familiar.

Non foi cqsualidade que o da construcción fose o mellor negocio do sigllo para profesionais e afeccionados; constructores promotores ou albaneis chegados a máis, incluso investidores que atoparon un filón inesgotable. E ao construir ou comprar, había que amoblar, vestir as camas, consumir en fin dun amplo abano de productos que en conxunto movían o país.

Hai un quinquenio, un terremoto arrasou coa construcción no país e cos consumos engadidos, e xa non puidemos comprar alegremente coches, nin seguir comendo de restaurante, nin seguir pernoctando en hoteis, nin viaxar tan asiduamente en taxi... deixamos de consumir. Recortamos por todos os lados posibles, axustándonos ao imprescindible, dependendo esa imprescindibilidade dos ingresos que periódicamente entren na unidade familiar.

Do mesmo xeito que a consigna antes era a de consumir por riba de calquera outra consideración, a de agora é a de non facelo baixo ningún concepto. Como se nos tivésemos apeado en marcha dun vehículo veloz que sabemos non ten freos e que non vai levarnos a ningunha parte.

Mentras non empecemos a consumir de novo – con moderación, de acordo coas nosas necesidades e posibilidades- non haberá recuperación neste país, non se creará emprego, non se revitalizará a economía. Na rúa, sabémolo todos. Na cúpula dirixente non parecen terse enterado aínda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES