Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Drogas

viernes, 01 de julio de 2005
Despois de tantos días de actividade política, aínda que esta siga a copar atención e preocupación colectivas, ten por forza que despertar o noso interese un tema que xorde en relación coas drogas, propiciado por un estudio realizado polo Concello de Lugo.

Falamos de nenos de doce anos en diante. Os enquisados confesan que un 10% probou cocaína, un 36% porros, 56,5% o tabaco e o 64,8% o alcochol. O 82 % confesa que é relativamente facil conseguir droga, e o 36% non ten claro que as drogas sexan algo verdadeiramente problemático.

Na sociedade permisiva que nos engloba, o tema do alcohol pasa case desapercibido. O do tabaco non nos parece preocupante porque xa a sociedade ten creado anticorpos abondo para que a reacción contínua non se pare. pero o das drogas é punto e aparte.

Que un 36% dos nenos non teña mala conciencia en relación coas drogas é preocupante. Que o 84% saiba onde se poden comprar drogas, evidencia a amplitude do problema. Que un 36% teña probado os porros, demostra que a curiosidade malsana ataca con alevosía e vence en moitos casos provocando consecuencias imprevisibles.

O tema das drogas está ahí, no fondo da sociedade, e aflora de cando en cando para indicar a súa existencia. Estudios coma este poñen de manifesto o problema e deben provocar en nós preocupación contínua, e nas autoridades competentes investigación, divulgación e búsqueda de solucións.

O tema está ahí. Non é unha serpe de verán. É un monstro agochado que pode matar en calquera momento. ¡Que mata!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania