Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Catro xenios para Premio Novel

jueves, 25 de abril de 2013
Desde o Preguntoiro

Catro Xenios

Escoitando certas palabras dalgúns ministros,deputados e presidentes autonómicos deste goberno galopín do PP, a próstata súbeseme aos miolos e sinto un estarrecemento que ata pode escacharme a cabeza. Imos coa que leva máis puntos á hora de bardallar: Mariló Cospedal, entre o despido en diferido, o do nazismo e agora sae por peteneras dicindo que os votantes do PP deixan de xantar antes que de pagar a hipoteca; esta señora trabúcase nos conceptos, é como dicir báñome no río con ríome no baño, ou sexa unha falabarato. Esta muller é os colmos de tódolos colmos.

Outra que baila no millo, Fátima Bañez que fala sen cancelas: “a saída dos mozos de España chámase “mobilidade externa”. Coido que non escatimou esforzos na mobilidade cerebral que ata pódese nomeala para o Novel dos charramangueiros, tamén pode ser que as iluminarias déallas cada noite a virxe do Rocío á que tanto encoméndase.

Vicente M. Pujalte: este dixo algo semellante a unha furriqueira mental. “Algúns deudores queren a dación en pago para mercar outro piso”. Este deputado pasouse cen pobos, deshonra ao Congreso dos Deputados e non deixa de ser un iluminado.

Non encanto, temos a o ministro Arias Cañete que quere superar a Mariló, imos ver as chafalladas que dixo e aplicou: “Como iogures caducados e dúchome en auga fría”. Este home é un mártir cun nivel intelectual abraiante, non sei se usa para ducharse o xabón ou deterxente da colada (vai moi ben para os casposos) en vez do champú ou xel, ata pode ser que rebusque nos contedores do lixo para atopar iogures caducados e con moitas vitaminas de calor.

Só estou a falar de catro xenios, porén, témolos abondo, a lista pode seguir pero non teño espacio suficiente para enumerala. Non encanto, facer unha clasificación non é moi doado, cada día que pasa un deles supera ao seguinte. Como dixo Albert Einstein: “ Hay dos cosas infinitas: El Universo y la estupidez humana: Y del Universo no estoy seguro”. Con este goberno a estupidez supera o infinito, tendo en conta que están insultando á intelixencia dos cidadáns.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES