Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cesantes

jueves, 30 de junio de 2005
Abundante literatura fala das cesantías decimonónicas que afectaban ós simpatizantes dos perdedores nas contiendas electorais, e que levaban consigo penurias e desgracias ás familias afectadas.

Quedar cesante era moito máis ca caer en desgracia: Era a cesación total de ingresos nunha unidade familiar que non tiña outros medios de subsistencia.

Agora -comezos do século XXI- as cesantías volven estar de moda, e cada vez máis.

Ningún dos intentos de profesionalizar a Administración conseguiu absolutamente nada. Pretendíase que ata o nivel de Director Xeral o posto fose cuberto por funcionarios cos méritos e niveis axeitados, de maneira que calquera cambio existente ó máis alto nivel non repercutise nos especialistas que rexen a Administración coas directrices que marcan os políticos.

Pero hai demasiados intereses -políticos- en xogo, demasiados amigos ou clientes que contentar, como para que a Administración se profesionalice.

Os cambios que se aveciñan na Xunta de Galicia van propiciar unha hecatombe. Xa se calcula que a primeiros de agosto será designado o Presidente da Xunta; unha semana despois, os Conselleiros; outra semana máis, os Directores Xerais e Delegados Provinciais. E a finais de agosto, asesores, presidentes ou directores de fundacións, xerentes, e un tan amplo etcétera que se fala de dúas mil persoas afectadas en Galicia.

Moitos dos cesantes teñen axeitado acomodo porque ou xa o tiñan ou preocupáronse de telo. Moitos outros quedan nunha provisional cesantía que se irá resolvendo a medida que o mercado absorba esta nova oferta. Pero é un trauma para unha Administración que, de repente, dúas mil persoas desaparezan e sexan subsituídas por outras que empezan de novo.

A efectos administrativos, dous séculos non valeron para moito. A Administración informatizouse, regularizáronse procesos, mellorouse radicalmente en talante e atencións. Pero o sistema clientelista -patrimonio de ninguén; exercicio de todos- segue vixente, e as cesantías poñen de manifesto a pobreza imperante na Administración.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES