Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Domingo F. del Riego

miércoles, 24 de abril de 2013
Tiña botica na rúa do Príncipe, fronte á rúa Eduardo Iglesias. Domingo faleceu relativamente novo, en 1978, cando tiña sesenta e dous anos. Era irmán de don Paco, a quen admiraba con garimosa devoción. A súa rebotica foi tan importante para a cultura galega como a de Perfecto Feijóo en Pontevedra para a música tradicional. Sen embargo, son moi poucos o teñen memoria dun home que deixou tras de si unha estela de galeguismo comprometido nos tempos difíciles da dictadura franquista.

Cando acababa de cumprir dezaseis anos, levado polo P.Seixas, tiven a inmensa fortuna de coñecelo e de asistir ás tertulias que se celebraban na rebotica. Falaba pousadamente, cun sembrante que transmitía afecto e tranquilidade nos seus interlocutores. Ameno nas súas conversas e aleccionador, así exercía o seu maxisterio socrático.Sabía escoitar demoradamente infundindo confianza e ganando a simpatía de todos. Domingo sempre estaba disposto a axudar, a botar unha man para que un grupo cultural de mozos dispuxera dos medios necesarios. No seu coche carretábanos ó pé dun castelo ou dun pazo, para que coñecésemos o patrimonio histórico de Galicia.

A Domingo del Riego ese amor por Galicia víñalle de novo, de cando estudara a carreira en Compostela. Foi ali onde con outros mozos fundaran as Mocidades Galeguistas, das que foi o seu primeiro secretario xeral, herdeiros da agrupación xuvenil “Ultreia”, fundada por Álvaro das Casas, que había desembocar na creación en Ourense da Federación das Mocidades Galeguistas

Grazas ó seu estusiasmo e compromiso a lingua galega incorporouse á liturxia e textos bíblicos. Lembro as primeiras misas oficiadas polo P.Seixas na igrexa do Asilo no Paseo de Alfonso, onde os asistentes dividiamonos en dous grupos diferenzados: os que acudian por militancia, e os que o facían para controlar ós primeiros, a Brigada Político-Social.Estes en numeroso tropel.

No haber de Domingo del Riego están a fundación da Cooperativa Farmacéutica do Noroeste e a editorial Sept, pensada para publicacións litúrxicas e de pensamento cristián. No ámbito político cómpre dicir que foi cofundador do Partido Galego Social-Demócrata, que se integraría nas postrimerías do franquismo no Consello de Forzas Políticas Galegas.Máis tarde sería candidato ó Congreso coa alianza do seu partido, o PGSD e a democracia cristiana cristiá.

A Irmandade Galega da Sanidade o próximo día 4 de maio homenaxeará a este boticario adornado coas virtudes dun profundo sentido da responsabilidade ética e un inequívoco compromiso co País. Ás 12:30 descubrirase unha placa na fachada do edificio onde estivo a botica e a seguir celebrarase unha mesa redonda nos salóns do Círculo Mercantíl de Vigo. Memoria eterna para Domingo F. Del Riego.

(Xosé González é Presidente do Foro E. Peinador.)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania