Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Duchas de auga fría

martes, 23 de abril de 2013
Todos coñecemos algún especial exemplar humano que todos os días do Señor acode ao río ou ao mar se o ten preto para darse un baño diario, independentemente das condicións climatolóxicas e a época do ano.

Do mesmo xeito, seguro que tamén hai seres humanos que cando se duchen o fagan en auga fría para tonificar os músculos e como medida para avivar a circulación e comezar o día cun forzado entusiasmo.

Pero de iso a considerar o feito como algo normal hai un abismo e a orixinalidade do ministro Sr. Cañete de afirmar que os baños poden facerse así para aforrar enerxía non deixa de ser unha “boutade” para chamar a atención nunha reunión oficial que puidese estar resultando aburrida.

Ten que haber xeitos máis racionais de aforrar enerxía e de respectar a natureza e o medio ambiente que o de non quentar a auga para ducharse ou bañarse. Ten que habelos. Porque, ademáis, o da ducha de auga fría xa esta utilizado en demasia polo goberno para sofocar todas as nosas alegrías e entusiasmo como para seguir co tratamento de choque á hora de poñerse en marcha cada mañá.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES