Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día do Libro

martes, 23 de abril de 2013
A lectura é tan importante na formación humana, intelectual e cívica da persoa que fíxo decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino do século XIX: “cando escoito que un home ou unha muller ten o hábito da lectura, estou predisposto a pensar ben dél ou dela”. Dase por aceptado que a lectura é porta aberta á cultura, pois pode decirse que sen aquéla difícilmente se accede a ésta; daí que as institucións con responsabilidades neste eido, e conscentes da súa obriga moral de favorecer e estimular os vieiros que conducen ó desenvolvemento cultural e cívico dos cidadáns, se apliquen en artellar fórmulas que apoien á convicción de tal práctica.

A lectura; ou sexa, o libro non só proporciona información senon que forma (educa) creando hábitos de reflexión, análise e esforzo, e recrea, fai gozar, entretén e distrae; axuda ó desenvolvemento e perfección da linguaxe e mellora a expresión oral e escrita, e faina mais fluída, mellorando as relacións humanas.

A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do valenciano Vicente Clavel que o propuxo á Camara Oficial do Libro de Barcelona. Pouco despois (1930) instaurase definitivamente o 23 de abril, data da morte en 1616 de dous xigantes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare, aínda que non figurando mesmo día porque Inglaterra non adoptara o calendario gregoriano. A Conferencia Xeral da UNESCO declarouna de carácter mundial. Como o evento coincide coa festividade de San Jordi, patrono de Cataluña, fíxose alí tradicional, entre os namorados e persoas queridas, intercambiarse unha rosa e un libro, porque o agasallo deste é, “ ademais dun regalo, un delicado eloxio”.

O escritor arxentino Xosé Luis Borges escribíu: “ Hai quen non podería imaxinar un mundo sen paxaros ou un mundo sen auga ; no que a mín se refire son incapaz de imaxinar un mundo sen libros. O home creou a espada e o arado, prolongacións do brazo que os usa. Creou tamén o libro que é unha extensión secular da súa imaxinación e da súa memoria”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES