Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Socorros mútuos: 95 anos

lunes, 22 de abril de 2013
“Puede decirse que surgió de la nada la existencia de nuestra Sociedad. por el año 1918, cuando en la mayor parte del país, y desde luego en Foz, el hambre y la epidemia gripal azotaban el hogar de los humildes. Fue entonces cuando surgió la idea de constituir una Sociedad de Socorros Mútuos entre los obreros de todos los oficio para hacer frente a tan angustiosa situación…”.Nos estatutos, legalizados o 22 de abril de 1918 – hai 95 anos- figuraban como fins “socorrer en la forma que dicte el reglamento, a todos sus individuos, que por enfermedad temporal o inutilidad permanente se hallan imposibilitados para sus trabajos habituales”; asimesmo se incluían outros auxilios e obxetivos, como era unha axuda familiar en caso de morte e a creación dun centro docente “donde pueda darse la enseñanza primaria y superior, cuando el estado de la Sociedad lo permita”.

En caso de enfermidade, ademais da atención sanitaria, o socio tiña dereito a 1,50 pts. diarias e ás menciñas. De necesitarse operación cirúrxica, a Sociedade xestionaría o ingreso nun hospital abonando os gastos de viaxe a que deran lugar.

Contemplábase a posibilidade de que a Sociedade concedese créditos ós seus asociados a un interese do 3%. En 1923 redáctanse novos estatutos e pasa a denominarse Pósito Marítimo e Terrestre de Foz, engadindo ós anteriores os obxetivos de organizar a comercialización e exportación da pesca, adquirir novas embarcacións e utensilios, establecer os seguros de vellez e de viudez e orfandade...

Seis anos mais tarde (1929) créase a Confraría de Pescadores que potenciaba os fins e medios das entidades precedentes. A fundación do Instituto Social da Mariña en 1942 e o Montepío do Mar en 1952 ven a relegar a función asistencial da Confraría e a Sociedade de Socorros Mútuos segue ofrecendo atención médica ós seus asociados ata o ano 1960. Foi o último facultativo da mesma don Xosé Candia.

Os promotores do ente eran xentes progresistas e preocupadas pola penuria económica e asistencial dos traballadores; pero esa carencia de medios fixeron inviable boa parte dos obxetivos que se marcara a Sociedade.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES