Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O tesouro

miércoles, 24 de abril de 2013
De novo chega abril a Portugal. Será mañá cando as rúas lisboetas acollan unha multitude desexosa de celebrar a pertenza a un pobo libre. Non se pode esquecer que este ano o 25 de abril vén quentando motores en múltiples manifestacións que tiveron como punto e seguido a Grândola Vila Morena, que (como xa dixen noutra ocasión) é unha música que nunca se canta por cantar...

Descubrín estes días un libro de Manuel António Pina que se titula “O Tesouro”. Manuel António describe o Estado Novo como “o país das Pessoas Tristes”, tristes porque foran roubadas, espoliadas do tesouro máis grande que tiveran, sendo este espolio case incompatible coa vida. As persoas deste país son agarimosas mais reciben distantes e cautas aos seus convidados, medindo as súas verbas polo medo ao que lles poida pasar. Só cando na noite pechan fiestras e portas se atreven a pronunciar as palabras prohibidas que describen a insufrible realidade na que viven: vixilancia permanente, obriga de combater en guerras eternas que ninguén entende, separación dos nenos por sexos, etc...

Pouco a pouco entendemos que o ser humano nace para a liberdade, e prohibirlla é o mesmo que matalo, xa que é obrigalo a vivir contra a súa propia natureza. O conto segue narrando como un 25 de abril o pobo decide recuperar o seu tesouro e facer un novo país chamado Portugal. Mañá fará 39 anos desta conquista, e os Caraveis que outrora parecían murchos, están máis vivos ca nunca á procura non só da liberdade, senón tamén dunha sociedade na que se respecte por riba de todo o dereito a unha vida digna; un dereito que só se pode asegurar nun estado de benestar. Por el e polo futuro séguese cantando Grândola en cada rúa e en cada praza, confiando en vivir nun país que garanta a dignidade a cada cidadán, e no que cada persoa sexa o primeiro obxectivo do goberno. Porque só o humanismo asegura un porvir colectivo máis alá de datos macroeconómicos tan insensibles como incomprensibles.

Non volvamos ao país das Pessoas Tristes, nin aquí nin en Portugal. Mellor que ordene Grândola, mellor sementar caraveis...

PINA, M.A (2005): O Tesouro. Campo das Letras Editores. Porto.
http://www.planonacionaldeleitura.gov.pt/bibliotecadigital/elivro.php?id=otesouro
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania