Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nunha tarde calquera

lunes, 22 de abril de 2013
Vexo como treme o peito da miña dona ante o latexo constante do seu corazón. Deixo que a miña ollada percorra o seu corpo ata os seus ollos.

Ela decátase da ollada e deixa escapar un sorriso luminoso e cun xesto cariñoso de burla dos seus beizos. Está aí, tombada na cama, coma princesa de conto, coma raíña da miña novela, da miña vida. Ante a miña insistente mirada, asoma un pequeno rubor pola súa cara e dáme unha pequena gadoupada, unha pequena palmada en sinal de que a empezo a poñer nerviosa.

Non podo evitar rir ante a súa apurada, ante a súa ansiedade. Hai amores que van moito máis alá duns erros. Véxome debuxado nas pupilas dos seus ollos e noto a felicidade cómo se baña na miña alma, ao mesmo tempo que un rapaz me chama para que o axude cos deberes. A familia nunha tarde calquera.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania