Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A quen Deus lla dá

martes, 28 de junio de 2005
Non é exclusivamente galego, pero tamén é propio da nosa terra o refrán que di que "A quen Deus lla dea, San Pedro lla bendiga". Ou, o que é o mesmo, "a quen Deus lla da", cabe supoñerlle que conta coa benzón do propio San Pedro.

Neste caso, a ninguén se lle oculta que falamos do goberno de Galicia, que ven de atribuirse, pola gracia dos votos do 19 X, completados polos do 27X, á previsible coalición de Psoe e Bng, condenados a entenderse do xeito que sexa no seu afán de conquerir para Galicia un "goberno de progreso" que remate con catro lexislaturas de goberno en solitario do Partido Popular que disfrutou dunha cómoda maioría absoluta.

Podería moi ben gobernar o PP, e de feito hai moitas voces que opinan que quen debe gobernar en democracia é a forza máis votada. O que ocorre nestes casos é que ó estar en minoría en relación co resto das forzas, o goberno resultante veríase obrigado a dialogar sobre tódolos asuntos -que non é malo pero sí moi engorroso- e depender de tódolos demáis para sacar adiante calquera asunto.

Imponse, pois, a xuntanza das esquerdas -se aínda valen os vellos esquemas de esquerdas e dereitas- para formar un "goberno de progreso", que aínda que de progreso son todos ou aspiran a eso, neste caso a coalición chegará a gobernar coa intención de rachar coa pana e decididos a que Galicia, á volta de catro anos, non a coñeza nin súa mai no caso de tela, tal e como no seu momento afirmou para España Alfonso Guerra ó comezo do mandato socialista.

Aínda que se vote en conciencia, non se pode afirmar estrictamente que neste caso Deus lle dea nada a ninguén, porque tampouco é para tomar os refráns ó pe da letra senón obter deles a mensaxe que os nosos devanceiros -o pobo, en fin- nos transmiten como mostra de experiencia popular.

Neste caso, se Deus ou o pobo lle dan o goberno de Galicia a unha coalición formada polo Psoe e o Bng, que San Pedro -a sorte, os poderes públicos, o traballo, todos nós- lla bendiga, e que sexa para ben de todos a nova etapa que comeza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES